Un fibroadenoma é o tumor benigno máis común da mama feminina. Como o seu nome indica, é unha neoplasia formada polo tecido fibroso e glandular. Ocorre en calquera etapa do período reprodutivo da vida e é algo máis frecuente antes dos 30 anos de idade. Dise que o tumor aparece como resultado do aumento de sensibilidade dun foco mamario ós estróxenos.

Medra polo regular como un nódulo pequeno e centrífugo que adoita ser netamente circunscrito e libremente móbil sobre o parénquima mamario adxacente.Estela Virginia Mur y col. Displasia mamaria, revisión (en español). Revista de Posgrado de la VIa Cátedra de Medicina - N° 133 – novembro de 2003. Aínda que un fibroadenoma, así como os papilomas intraductais, son crecementos anormais, non son cancerosos e non se poden propagar do seo cara a outros órganos.American Cancer Society ¿Qué es? Cáncer de seno

Notas

Categoría:Termos médicos