miniatura|Homenaxe a MVM no IES GTB Eu conto, ti cantas... é un libro de Literatura infantil que reúne tres contos en verso de María Victoria Moreno, publicado en 2005. A 4ª edición é de xaneiro de 2018.
Características Dedicatoria: Para Begoña, que chega á casa ao solpor e regálame todas as luces do día
A autora aínda puido asistir á presentación do libro un mes antes do seu pasamento en novembro de 2005.
Este libro, protagonizado por animais, é unha mostra máis dese mundo propio e recoñecible que María Victoria Moreno soubo crear na súa literatura. Son tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.
¡Xa non teño medo! Este conto xa fora publicado en 1998 na colección A maxia das palabras.
Un cativo, Xan, ten medo cando se vai deitar. Grazas a unha chorumiña, ao ir durmir na bufarda non sente medo da noite e comproba que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura . A noite vai ser unha festa divertida e poboada de elementos máxicos e suxestivos. Os sons, os amigos curiosos que viven no armario, as sombras que esvaecen co fermoso luar e os personaxes que poboan a noite da súa vila velando polos demais, son retratados a través da ollada infantil, desbotando o medo a favor da maxia da vida cotiá.
Can branco, can negro Publicado antes como Nico e Miños.
Os protagonistas son dous cans, un branco e un negro. Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada onde súa nai foi abandonada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino, nunha amizade entre cans que non entende de cores.
¿Un cachiño de bica? Xa fora publicado en 1994.
Protagonizado por un mozo que mentres almorza nun restaurante ve como da súa cunca saen letras que lle queren contar unha historia. Ten tres partes, correspondentes a cada unha das comidas do día. Esa historia é a de Iván que coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gustan os cachiños de bica; os dous están unidos polos lazos da complicidade e a necesidade mutua.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Obras literarias de 2005 Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de María Victoria Moreno Categoría:Edicións Xerais de Galicia