miniatura|170px|Cartel das V Xornadas de Institutos Históricos españois. Cabra (Córdoba), 2011.
A Asociación nacional para a defensa do patrimonio dos Institutos históricos (ANDPIH), tamén chamada Asociación de Institutos Históricos de España, é unha asociación cultural, sen ánimo de lucro, con domicilio social en Granada, dedicada á promoción, conservación e difusión do patrimonio cultural e educativo dos Institutos de Educación Secundaria españois,La singularidad dentro de la organización escolar. Patrimonio olvidado de los institutos históricos . David Pérez-Dionis Chinea. Avances en Supervisión Educativa, nº 12. Maio de 2010. que posúen carácter histórico.Historia de un olvido: patrimonio en los centros escolares. Revista Participación Educativa nº 7. Consejo Escolar del Estado, 15 de marzo de 2008.
A asociación realiza diversas actividades e celebra encontros anuais entre os seus membros. Foi constituída en 2010 e o seu actual presidente é Luis Castellón Serrano, licenciado en Ciencias Xeológicas e catedrático de Ciencias Naturais do IES "Padre Suárez" de Granada.Castellón Serrano, Luis en Museos de Andalucía.Los Institutos Históricos en la revista del Consejo Escolar del Estado. La opinión digital, 6 de novembro de 2010.
Obxectivos Co obxectivo de poñeren en valor o rico patrimonio histórico, artístico, educativo, documental e simbólico destes institutos, os equipos directivos dun número importante destes centros iniciaron unha tarefa de coordinación dos traballos de inventario, catalogación, conservación e difusión dos seus fondos. Froito deste labor foron as "I Xornadas de centros públicos con patrimonio histórico educativo" que se celebraron en Granada en xullo de 2007,Comunicaciones y Conclusiones de las 1ª Jornadas sobre Patrimonio histórico de los Centros Públicos . á que seguiron outras xa coa denominación de "Xornadas de Institutos Históricos españois",Historia y educación a través de los Institutos Históricos de España. Museo Agular y Eslava. Cabra, Córdoba. que se celebran anualmente.
En concreto, os obxectivos da asociación son:Páxina web da Asociación .
Impulsar a recuperación dos fondos patrimoniais dos Institutos históricos: documentais, bibliográficos, científicos e arquitectónicos. Conseguir das administracións educativas a dotación de recursos humanos e económicos para a preservación e posta en valor de dito patrimonio. Celebrar de forma conxunta actividades de carácter científico e educativo, así como Xornadas ou Encontros anuais entre os seus membros.
Institucións asociadas Os institutos de educación secundaria asociados están representados por persoas físicas ou xurídicas (fundacións).
Os membros fundacionais desta asociación foron: IES "Padre Suárez", de Granada. IES "Brianda de Mendoza", de Guadalaxara. IES "Cardenal López de Mendoza", de Burgos. IES "Aguilar y Eslava" e Fundación Aguilar y Eslava, de Cabra (Córdoba). IES "San Isidro", de Madrid. IES "Isabel la Católica", de Madrid. IES "Lucus Augusti", de Lugo.
Outros socios actuais son:
IES "Vega del Turia" e Museo IES "Vega del Turia", de Teruel. IES "Domínguez Ortiz", de Azuqueca de Henares. IES "Santísima Trinidad", de Baeza. IES "Joan Ramis i Ramis", de Maó. IES "Goya", de Zaragoza. IES "Maestro Juan de Ávila", de Cidade Real. IES "Jorge Manrique", de Palencia. IES "Padre Luis Coloma", de Xerez da Fronteira. IES "Cabrera Pinto" e Museo IES "Cabrera Pinto", de San Cristóbal de La Laguna. IES "San Isidoro", de Sevilla. IES "Arcebispo Xelmirez I", de Santiago de Compostela. IES "Práxedes Mateo Sagasta" de Logroño. IES "Zorrilla", de Valladolid. IES "Bárbara de Braganza" de Badaxoz. IES "Alfonso X el Sabio" de Murcia.
Tamén pertencen outras asociaciones, como a Asociación de amigos del patrimonio histórico y museístico del Instituto Padre Suárez de Granada.
Xornadas anuais Despois da reunión inaugural de Granada en 2007, até o día de hoxe producíronse as seguintes Xornadas anuais:
1as Xornadas - Reunión inaugural. Granada, 2007.
2as Xornadas - O patrimonio educativo dos Institutos Históricos.Conclusiones de las 2as Jornadas sobre El patrimonio educativo de los Institutos Históricos . La Laguna (Tenerife). Maio de 2008. 3as Xornadas - El patrimonio histórico educativo.Comunicaciones y Conclusiones de las 3as Jornadas . Guadalajara, 2009. Guadalaxara. 2009. 4as Xornadas - Cultura, educación e patrimonio.IV Jornadas de Institutos históricos españoles. Antonio Prado Gómez. Revista CEE Participación Educativa, nº 15, novembro de 2010, pp. 226-234. Santiago de Compostela. Do 5 ao 8 de xullo de 2010.O conselleiro de Educación presenta as IV Xornadas de Institutos históricos españois, que por primeira vez se desenvolve en Galicia. Xunta de Galicia. Consellería de Educación. 5as Xornadas - Cabra (Córdoba). Do 6 ao 8 de xullo de 2011. Foron inauguradas polo presidente da Xunta de Andalucía, José Antonio Griñán,José Antonio Griñán inaugura en la localidad cordobesa de Cabra las V Jornadas sobre Institutos Históricos Españoles Oficina de la Portavoz del Gobierno. Junta de Andalucía. 6 de julio de 2011. e clausuradas polo ministro de Educación de España, Ángel Gabilondo. 6as Xornadas dos institutos históricos de España. Logroño. Abril de 2012. 7as Xornadas - Comprometidos co noso patrimonio. Burgos. Abril de 2013. 8as Xornadas - A ciencia certa. Badaxoz. Maio de 2014. 9as Xornadas. Maó, Menorca (Illas Baleares). Maio de 2015. 10as Xornadas. Teruel. Xullo de 2016. 11as Xornadas. Murcia. Xullo de 2017. 12as Xornadas. Madrid. Xullo de 2018. 13as Xornadas. Mieres (Asturias). Xullo de 2019
Orde de Afonso X o Sabio A Asociación de Institutos históricos españois foi condecorada co seu ingreso na Orde de Afonso X o Sabio, na súa categoría de Corbata, polo Consello de Ministros de 8 de xullo de 2011,Consejo.-El Gobierno condecora con la Orden de Alfonso X El Sabio a la Fundación de Ayuda contra la Drogadicción. Y a la ASOCIACIÓN DE INSTITUTOS HISTÓRICOS DE ESPAÑA, ENTRE OTROS. Europa Press. 8 de julio de 2011. xunto á Fundación de Ayuda contra la Drogadicción e a Fundación Tomillo.
Á ANDPIH se lle recoñece con este galardón o seu labor de promoción, conservación e difusión do patrimonio cultural e educativo dos Institutos de Educación Secundaria que teñen carácter histórico.APROBADAS CINCO CONDECORACIONES DE LA ORDEN DE ALFONSO X EL SABIO . Referencia del Consejo de Ministros de 8 de julio de 2011. La Moncloa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Institutos Históricos de España
Ligazónss externas Páxina web da Asociación nacional para la defensa del patrimonio de los Institutos históricos . Rede de institutos históricos de Andalucía . Catálogo virtual do Gabinete de Historia Natural do IES Bárbara de Braganza . CEIMES Ciencia y educación en los Institutos Madrileños de Enseñanza Secundaria .
Categoría:Asociacións culturais Categoría:Asociacións de España