A 116ª edición da París-Roubaix tivo lugar o 8 de abril de 2018 con saída na cidade de Compiègne, nos arredores de París, e chegada na de Roubaix, sobre un percorrido 257 quilómetros. A carreira finalizou como é tradicional no Velódromo de Roubaix. Nesta edición o percorrido contou con 29 tramos de lastra que sumaron un total de 54,5 km.
Este foi o terceiro monumento da tempada e a décimo quinta proba do UCI WorldTour 2018.
Na carreira participaron 175 ciclistas, debido ao recorte de corredores por equipo realizado pola Unión Ciclista Internacional. Un total de 7 por equipo (25 conxuntos).
O campión do mundo de ciclismo en ruta, Peter Sagan foi o vencedor dunha carreira marcada por dous sucesos: o seu fantástico ataque e a morte dun corredor de 23 anos durante o transcurso da carreira. O eslovaco foi o primeiro corredor portador do maillot arco da vella en lograr a vitoria na proba dende que o fixera por última vez o francés Bernard Hinault en 1981.
Percorrido O trazado percorreu unha distancia de 257 km, e nel repartíronse 29 tramos de lastras que sumaron 55 quilómetros sobre esta complicada superficie. Foron o mesmo número ca na edición anterior, cos 23 últimos comúns. A saída deuse en Compiègne (arredores de París, ao igual que nas últimas tres edicións) e a chegada foi -como é clásico- no Velódromo André-Pétrieux.
Partes do trazado
Sectores de lastra SectorLocalizaciónLonxitudeDificultade29Troisvilles > Inchy2200 m25x25px25x25px25x25px28Viesly > Briastre3000 m25x25px25x25px25x25px27Saint-Python1500 m25x25px25x25px26Saint-Python > Quiévy3700 m25x25px25x25px25x25px25x25px25Saint-Hilaire-lez-Cambrai > Saint-Vaast-en-Cambrésis 1500 m25x25px25x25px25x25px24Saulzoir > Verchain-Maugré1200 m25x25px25x25px23Verchain-Maugré > Quérénaing1600 m25x25px25x25px25x25px22Quérénaing > Maing2500 m25x25px25x25px25x25px21Maing > Monchaux-sur-Écaillon1600 m25x25px25x25px25x25px20Haveluy > Wallers2500 m25x25px25x25px25x25px25x25px19Trouée d'Arenberg2400 m25x25px25x25px25x25px25x25px25x25px18Wallers > Hélesmes1600 m25x25px25x25px25x25px17Hornaing > Wandignies-Hamage3700 m25x25px25x25px25x25px25x25px16Warlaing > Brillon2400 m25x25px25x25px25x25px15Tilloy-lez-Marchiennes > Sars-et-Rosières2400 m25x25px25x25px25x25px25x25px14Beuvry-la-Forêt > Orchies1400 m25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px13Orchies1700 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px12Auchy-lez-Orchies > Bersée2700 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px11Mons-en-Pévèle3000 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px10Mérignies > Avelin700 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px9Pont-Thibaut > Ennevelin1400 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px8aTempleuve - l'Épinette200 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px8bTempleuve - le Moulin-de-Vertain500 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px7Cysoing > Bourghelles1300 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px6Bourghelles > Wannehain1100 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px5Camphin-en-Pévèle1800 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px4Carrefour de l'Arbre2100 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px3Gruson1100 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px2Willems > Hem1400 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25pxligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px1Roubaix300 mligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Star_full.svg|25x25px
Equipos 25 conxuntos foron os que iniciaron a proba. Os 18 equipos do UCI WorldTour, que tiveron que participar obrigatoriamente, e 7 equipos profesionais continentais convidados. Todos eles partiron de saída con 7 ciclistas.
UCI WorldTour EquipoPaísCódigoAG2R La MondialeALMAstanaASTBahrain-MeridaTBMBMC Racing TeamBMCBora-HansgroheBOHDimension DataDDDEF Education First-DrapacEFDGroupama-FDJFDJKatusha-AlpecinKATLotto-SoudalLTSLottoNL-JumboTLJMitchelton-ScottMTSMovistar TeamMOVQuick-Step FloorsQSTTeam SkySKYTeam SunwebSUNTrek-SegafredoTFSUAE Team EmiratesUAD
Profesional Continental EquipoPaísCódigoCofidisCOFDelko–Marseille Provence-KTMDPMDirect ÉnergieDENFortuneo-SamsicTFOVeranda's Willems-CrelanVWCVital ConceptVCCWB-Aqua Protect-VeranclassicWVA
Favoritos Tralo retiro do tetracampión Tom Boonen, ningún dos corredores que tomaban a saída contaban con dous triunfos, polo que os principais favoritos eran os ciclistas que mellor tempada levaban realizada ata a data da proba. Entre eles destacaban: o tricampión do mundo eslovaco Peter Sagan, que viña de vencer a Gante-Wevelgem e facer bos postos na temporada de lastras; o holandés Niki Terpstra, que se amosaba nun estado de forma excepcional tras vencer escapado en solitario tanto no Tour de Flandres unha semana antes, coma na E3 Harelbeke; ou o campión olímpico belga Greg Van Avermaet que tan só viña de facer un podio na tempada, pero que sempre conta entre os favoritos neste tipo de carreiras. Outros corredores que podían ter opcións de cara á vitoria podían ser: o campión do mundo de ciclocross Wout van Aert, o veterano especialista Philippe Gilbert, o sprinter galo Arnaud Démare, o checo Zdeněk Štybar ou mesmo o belga Sep Vanmarcke.
Morte de Michael Goolaerts miniatura|208x208px|O falecido Michael Goolaerts. Ademais da fantástica vitoria de Sagan, a 116ª París-Roubaix estivo marcada polo mozo corredor belga de 23 anos Michael Goolaerts do Veranda's Willems-Crelan. No segundo sector de lastra da carreira, o que discorría entre Viesly e Briastre a uns 70 km de meta, Goolaerts sufriu un paro cardíaco que lle ocasionou unha fulminante caída ao chan. O corredor, novato nesta clásica, non daba síntomas de reacción, polo que foi rapidamente trasladado en helicóptero a un hospital de Lille. Horas máis tarde, ás 22:40, os servizos médicos confirmaban o pasamento do ciclista, logo de que non puidesen facer nada por salvalo.
Resumo da carreira esquerda|miniatura|300x300px|Sagan e Diller a escasos quilómetros de liña de meta. Dende o inicio a carreira estivo controlada polo poderoso Quick-Step Floors. A máis de 100 km probaron a marchar do pelotón seis corredores: a promesa española Marc Soler, Sven Erik Bystrøm, Jimmy Duquennoy, Ludovic Robeet, Jelle Wallays e Silvan Dillier. Aos que se sumaban uns quilómetros despois outros tres corredores: Gatis Smukulis, Jay Robert Thomson e Geoffrey Soupe. Estes ciclistas aguantaron moitos quilómetros en cabeza de carreira, chegando a abrir ocos de máis de 7 minutos, mais foron cazados moi lonxe de meta.
Despois de levarse a cabo a caza da maioría deses fuxidos, sucedéronse os intentos de ataque por parte dos compoñentes do pelotón. Philippe Gilbert, Zdeněk Štybar ou mesmo Greg Van Avermaet foron algúns dos corredores favoritos que o intentaron. miniatura|350x350px|Grupo perseguidor liderado por Niki Terpstra a 25 km do final. Porén, o ataque definitivo chegaba a unha distancia de 55 quilómetros da meta, no que Peter Sagan arrancaba do pelotón. Axiña se produciron movementos de contraataque, pero mentres o eslovaco lograba conectar co grupiño de cabeza de carreira, os perseguidores quedaban en terra de ninguén ata que desistiron no seu esforzo e se deixaron caer ao pelotón. A reducida cabeza de carreira quedaba con dous compoñentes, Silvan Dillier (que levaba en fuga máis de 100 km) e o propio Sagan, logo de que Jelle Wallays (tamén escapado máis de 100 km) non dese aguantado o ritmo á altura do lastra de Cysoing. Mentres tanto, no pelotón producíanse cortes e del partía un pequeno grupo de perseguidores, entre os que estaban: Niki Terpstra, Greg Van Avermaet, Jasper Stuyven, Sep Vanmarcke e Wout van Aert, que a menos de 25 km quedou atrás por mor dunha avaría mecánica. Nos derradeiros tramos de pavimento, o campión do mundo lanzábase fortísimo pero o campión suízo soldábase á súa roda sen que o dese soltado. Ao ver que non daban recortado a diferenza, Terpstra saltou para lograr a terceira praza. Finalmente, a vitoria decidíase ao sprint no Velódromo de Roubaix, no que Sagan se impoñía con supremacía ao helvético Dillier.
Clasificación PosCiclistaDorsalEquipoTempo1º Peter Sagan senmarco|25x25px111Bora-Hansgrohe5 h 54' 06"2º Silvan Dillier senmarco|25x25px74AG2R La Mondialem.t.3º Niki Terpstra11Quick-Step Floors + 57"4º Greg Van Avermaet senmarco|25x25px1BMC Racing Team + 1' 34"5º Jasper Stuyven46Trek-Segafredom.t.6º Sep Vanmarcke21EF Education First-Drapacm.t.7º Nils Politt165Katusha-Alpecin + 2' 31"8º Taylor Phinney25EF Education First-Drapacm.t.9º Zdeněk Štybar senmarco|25x25px17Quick-Step Floorsm.t.10º Jens Debusschere131Lotto-Soudalm.t.11º Mike Teunissen106Team Sunwebm.t.12º Oliver Naesen senmarco|25x25px71AG2R La Mondialem.t.13º Wout van Aert81Veranda's Willems-Crelanm.t.14º Jelle Wallays137Lotto-Soudal + 2' 37"15º Philippe Gilbert13Quick-Step Floors + 3' 07"16º Amund Grøndahl Jansen203Team LottoNL-Jumbom.t.17º John Degenkolb ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:MaillotAllemania.svg|25x25px41Trek-Segafredom.t.18º Marco Marcato56UAE Team Emiratesm.t.19º Dylan van Baarle97Team Skym.t.20º Heinrich Haussler191Bahrain-Meridam.t.
Puntos UCI A París-Roubaix outorga os seguintes puntos para o UCI WorldTour aos 60 primeiros clasificados: +Posto1º2º3º4º5º6º7º8º9º10º11º12º13º14º15º16 ao 20º21 ao 30º31 ao 50º51 ao 55º56 ao 60ºPuntos50040032527522517515012510085706050403530201053
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos
París-Roubaix Velódromo André-Pétrieux
Ligazóns externas
Páxina web oficial Resumo da edición en ProCyclingStats
Categoría:Ciclismo en 2018