O aeroporto internacional de Hobart é un aeroporto australiano situado en Cambridge, a 17 quilómetros ao nordés de Hobart. É o maior aeroporto de pasaxeiros de Tasmania.

O goberno federal é o dono do aeroporto e está operado polo Tasmanian Gateway Consortium baixo un contrato de arrendamento de 99 anos.

O aeroporto ten unha terminal internacional e doméstica xuntas. As principais aeroliñas que o serven son Qantas, Jetstar Airways, Virgin Australia e Tigerair Australia, operando servizos domésticos principalmente cara aos aeroportos de Melbourne e Sydney. Aínda que o aeroporto non ten voos internacionais regulares dende 1998 aínda conserva aduanas e instalacións de inmigración para avións que entran no país.

Debido á súa situación no sur, Skytraders opera voos regulares cara á Antártida en nome da Australian Antarctic Division usando un Airbus A319.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Hobart