Tērvete é unha vila letoa que contou co seu propio Municipio de Tērvete, ata a reforma territorial da Saeima en 2021, momento no que pasou a formar parte do Municipio de Dobele, dentro da rexión histórica de Semigalia. Coñecida polas fortificacións construídas para o rei de Zemgale na Idade Media. O turismo na vila esténdese ao palacio de Rundale deseñado por Bartolomeo Rastrelli, o pazo Elgavsky —tamén traballo de Rastrelli e o Parque Nacional de Tērvete— tamén coñecido como “Mammadaba”. Parque Nacional de Tērvete
Parque Nacional de Tērvete dereita|miniatura|Mundo dos cogomelos, Parque Nacional de Tērvete, Outubro 2017.
O parque nacional é unha atracción turística en toda Letonia. Situado no val do río Tervete está poboado por piñeiros de 300 anos de idade. O parque cobre un territorio de 1 200 hectáreas, un terzo do cal está ocupado polas esculturas da mitoloxía letoa, fadas, o rei do bosque, ananos ou demos. Os máis de 100 personaxes do parque están baseados na obra da escritora nacional ,nada en 1861, Anna Brigadere. As obras escultóricas foron levadas a cabo por autores da escola vocacional de Riga. O Parque Nacional de Tērvete abriu ao público en 1969. Nese mesmo ano, as primeiras esculturas de madeira ″Annele e os seus amigos, recollendo bagas″ foron rematadas polo autor Krišjanis. Parque Nacional de Tērvete
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de mammadaba
Categoría:Cidades de Letonia