Gústame o galego foi unha campaña de normalización lingüística que naceu no Viveiro de propostas normalizadoras da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.

Comezou no Culturgal no ano 2012 e pasou polas tres universidades galegas (UdC, USC e UVigo), a Xunta de Galicia, centros de ensino de primaria e secundaria e os concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Carballo, Ames, Carnota, Narón, Moaña, Pontevedra, Silleda e Vigo.

Notas

Categoría:Normalización lingüística do galego