Finnian de Clonard, nado cara o 470 en Myshall, condado de Carlow, no reino de Leinster e finado o 12 de decembro de 549 en Clonard, foi un dos primeiros monxes irlandeses, fundador e primeiro abade da Abadía de Clonard, posiblemente bispo da mesma diocese, e mestre dos Doce Apóstolos de Irlanda. Xunto a san Enda de Aran, é considerado un dos pais do monacato en Irlanda.
Traxectoria Finnian naceu nunha familia nobre de Leinster e foi bautizado por san Abán de Magheranoidhe e desde moi cedo posto baixo a tutela de san Fortchern, bispo de Trim,Thunder, John., "St. Finnian of Clonard", Irish Ecclesiastical Record, Vol. XIII, p. 810, 1892 que o instruíu ata os trinta anos de idade, cando o mozo asceta viaxou a Europa continental e a continuación ao país de Gales, onde foi instruído por san David de Gales en Llancarfan. Tras este longo período de aprendizaxe regresou a Irlanda, onde predicou en Wexford, Wicklow e Kildare, e onde estivo en contacto con santa Bríxida,Lapa, Dmitry. "Venerable Finnian, Abbot of Clonard", Provoslavie.ru antes de finalmente establecerse en Clonard.
Comezou en Clonard unha vida ascética e solitariaHealy, John. "School of Clonard." The Catholic Encyclopedia. Vol. 4. New York: Robert Appleton Company, 1908. 19 Mar. 2013 ata que, no 520, fundou oficialmente a súa abadía e a escola, atraendo miles de discípulos de todas as clases e orixes. Foi recoñecidos pola súa rixidez e os seus métodos ascéticos. Entre os seus alumnos destaca o grupo coñecido como os Doce Apóstolos de Irlanda.
Finnian morreu probablemente o 12 de decembro de 549 por mor da peste. As súas reliquias foron preservados na súa propia abadía, ata que foron destruídas no século IX.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Finados en 549 Categoría:Nados en Leinster Categoría:Doce Apóstolos de Irlanda Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Nados no século -V