STS-116 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 10 de decembro de 2006 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-116, con sete astronautas a bordo, entre eles o primeiro sueco, foi unha misión para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e reaprovisionala. A tripulación estaba formada polo comandante Mark Polansky, o piloto Bill Oefelein e os especialistas de misión Nicholas Patrick, Joan Higginbotham, Bob Curbeam, Sunita Williams Christer Fuglesang.
Durante a misión instalouse a viga P5, recolleuse un panel solar problemático na viga P6 e activouse o sistema eléctrico e de arrefriaxe definitivo do mastro central da estación. O Discovery acoplouse á estación ás 22:12 GMT do 11 de decembro para iniciar a misión de construción considerada máis complexa da estación, na que os sete astronautas do transbordador e os tres da estación tiveron que reconfigurar o sistema eléctrico da estación e o seu sistema de refrixeración. Para poder levala a cabo, todo o segmento estadounidense da estación tivo que ser apagado. Os traballos leváronse a cabo mediante catro paseos espaciais, un máis dos previstos.
O voo fora programado inicialmente para xullo de 2003, pero debido á traxedia da misión STS-107 viuse atrasado. O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 22 de decembro de 2006 con Thomas Reiter a bordo e deixando a Sunita Williams na estación.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS