David Callejón, nado en Barcelona o 9 de decembro de 1981, máis coñecido como David Guapo, é un humorista e cantautor catalán.

Traxectoria Comezou a súa carreira como músico tocando a guitarra nalgúns pubs de Barcelona. Aínda que a súa estrea na televisión tivo lugar na canle de pay-per-view Paramount Comedy, Berto Romero descubriuno durante unha das súas actuacións e deulle a oportunidade de colaborar en Buenafuente. Tamén colaborou en programas como Sé lo que hicisteis, El hormiguero, Ya te digo de Europa FM, e Las mañanas de la Cope a carón de Ernesto Sáenz de Buruaga. O salto definitivo deuno despois das súas aparicións no Club de la Comedia, así iniciou a xira en solitario para todo o territorio español. Tamén fixo de actor para o filme Casting e na curtametraxe La muerte es cosa de dos, da que tamén é produtor.

Como músico, David Callejón lanzou un disco homónimo no mercado, no ano 2007.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1981 Categoría:Humoristas de Cataluña Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Cantantes de Cataluña