A Axencia Europea de Seguridade Aérea (en inglés European Aviation Safety Agency ou EASA) é unha axencia da Unión Europea con tarefas normativas e executivas no campo da seguridade aérea civil. Baseada en Colonia, a EASA creouse o 15 de xullo de 2002 e acadou a súa funcionalidade plena no ano 2008, asumindo as funcións das Autoridades Conxuntas de Aviación (Joint Aviation Authorities ou JAA). Os países da Asociación Europea de Libre Comercio teñen garantida a súa participación na axencia.

As responsabilidades da EASA inclúen a análise e investigación da seguridade, autorizando operadores estranxeiros, asesorando a redacción da lexislación da UE, poñendo en funcionamento e monitorizando regras (como as inspeccións nos estados membros), dándo certificacións de tipo de avións e compoñentes e aprovando as organizacións relacionadas co deseño, fabricación e mantemento de produtos aeronáuticos.

Como parte do Ceo Único Europeo II, a axencia recibiu tarefas adicionais. Entre outras cousas, a EASA poderá certificar bloques funcionais aéreos se participan máis de tres partes.

Notas

Categoría:Unión Europea Categoría:Aviación