Tina Modotti, nada en Udine o 16/17 de agosto de 1896 e finada na Cidade de México o 5 de xaneiro de 1942, foi unha fotógrafa italiana, modelo, actriz e activista política revolucionaria.

Traxectoria

Primeiros anos Filla de Giuseppe Modotti e Assunta Mondini, tivo catro irmáns. Aos 12 anos tivo que abandonar a escola e traballar nunha fábrica téxtil para axudar a súa familia. Aos 17 anos emigrou á cidade de San Francisco. No ano 1915 casou co poeta Roubaix de L'Abrie Richey. Despois desprazaríase a Hollywood, onde traballou pouco tempo como actriz.

Anos 20 En 1921 Tina mantén unha estreita relación laboral co fotógrafo Edward Weston, con el traballou como modelo, ademais de aprender del fotografía e de aí comezar a desenvolver a súa propia obra.

Entre os anos 1923-1930 permanecerá en México, converténdose en activista revolucionaria, ademais de se asociar co Partido Comunista Mexicano en 1927. México será o lugar onde realizará a maior parte da súa obra e onde se converterá en activista revolucionaria.http://museografo.com/tina-modotti-fotografa-y-luchadora-social/ . Penélope Yara. Tina Modotti: fotógrafa y luchadora social. Data de acceso: 5 de xaneiro de 2015. data: 19 de setembro de 2013 Tivo amizade con artistas como: Antonieta Rivas Mercado, Diego Rivera, David Alfaro Siqueiros, José Clemente Orozco, Blanca Luz Brum, Vittorio Vidali, Nahui Ollin, María Tereza Montoya e Frida Kahlo.Rodríguez y Méndez de Lozada, Nieves. Las fotografías inéditas de Tina Modotti. Publicación: Anales del Instituto de Investigaciones Estéticas. 2008. Volume=30. Número=93. Páxinas=213-224. http://www.scielo.org.mx/pdf/aiie/v30n93/v30n93a9.pdf Data de acceso: 5 de marzo de 2016 Colaborou co Partido Comunista Mexicano en 1927.Saborit, Antonio. Una mujer sin país. Las cartas de Tina Modotti a Edward Weston, 1921-1931 Editorial=Cal y Arena. Isbn=9789684932296. México. (En español) Apoiou activamente a loita de Augusto César Sandino e axudou a fundar o primeiro comité antifascista italiano. En 1928 coñece a Julio Antonio Mella, dirixente estudantil cubano, cando se forma o comité en apoio aos anarquistas Sacco e Vanzetti.

Julio Antonio Mella foi asasinado a noite do 10 de xaneiro de 1929 na esquina de Abraham González con Morelos, de dous tiros de revólver calibre 38.Cuba: ¿Un complot internacional de mentirosos? Tina foi detida porque foi considerada baixo o suposto de que coñecía o asasino ou era a súa cómplice, ao final isto só funcionou como unha manobra para despistar. A policía, non obstante, decidiu descartar as declaracións de tres testemuñas en favor da de Modotti debido a que era «imposíbel que uns veciños visen o que din que viron o xoves un pouco despois das nove, xa que a lúa era moi pequena e baixa...». Máis tarde foi liberada sen cargos.La Jornada. La mujer en el techo.

Anos 30 En 1934 partiu cara a España. Durante a Guerra Civil Española alistouse no Quinto Rexemento e traballou nas Brigadas Internacionais, co nome de María ata a fin da guerra. Margarita Nelken, nunha das gabanzas que se fan da súa actividade, relata como atendía os nenos que chegaron a Almería tras o éxodo do pobo de Málaga que se viu acosado durante o traxecto a pé polos bombardeos das forzas franquistas.

Regreso a México, pasamento e legado En 1939 regresou como asilada a México, aínda baixo o nome de María. Alí continuou a súa actividade política, vinculada ao movemento antifascista, especialmente a través da Alianza Antifascista Giuseppe Garibaldi. En 1940, o presidente Lázaro Cárdenas anulou oficialmente a súa expulsión, decretada dez anos antes.

Morreu en xaneiro de 1942, aos 45 anos, dun ataque cardíaco no interior dun taxi. A súa morte deu lugar a rumores e acusacións na prensa, mais a versión máis aceptada é a do falecemento por causas naturais. Os seus restos repousan no Panteón Civil de Dolores, na Cidade de México. A súa tumba inclúe un relevo baseado nun retrato seu realizado por Edward Weston e un epitafio composto polo poeta chileno Pablo Neruda, quen lle dedicou o poema Tina Modotti ha muerto.

A figura de Modotti foi reivindicada tanto pola súa obra fotográfica como pola súa traxectoria política. Xunto con Weston, influíu na formación e no desenvolvemento da fotografía moderna en México, e foi mentora do fotógrafo mexicano Manuel Álvarez Bravo.

A escritora mexicana Elena Poniatowska escribiu unha biografía novelada intitulada Tinísima. Víctor Hugo Rascón Banda escribiu unha obra de teatro chamada Tina Modotti, mostra da persistencia da súa figura.

Obra O interese que proxectou Modotti nas súas obras foi un reflexo do compromiso ideolóxico que tiña cara aos grupos sociais máis vulnerábeis, exercendo o seu labor como editora e fotógrafa para a revista Mexican Folkways e o xornal El Machete en 1924, este labor levaríaa a ser considerada como precursora do fotoxornalismo crítico en México. Logrou unha identificación inmediata con México e os seus habitantes que se ve reflectida na súa obra.

O seu traballo foi captado por artistas como Diego Rivera e José Clemente Orozco, os que entre os anos 1927-1930González Cruz, Maricela. Tina Modotti y el muralismo mexicano. https://books.google.com.mx/books?id=Z5DfZYCfiWwC&printsec=frontcover&vq=%22Tina+Modotti%22&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q=%22Tina%20Modotti%22&f=false. 1999. Ed. IIE-UNAM. México. isbn=9683669255, 9789683669254. Consultado o 4-03-2016. lle confiarían o labor de fotografar as súas obras, cuxo traballo representa certo valor histórico, ao testificar a realización das obras destes dous muralistas mexicanos.

Segundo Álvarez Bravo, Tina Modotti tivo dous períodos: o romántico e o revolucionario. O primeiro, influenciado por Weston, onde fotografaba flores, obxectos e detalles arquitectónicos; e o segundo, xurdido en México, iniciando a súa relación co movemento de muralistas mexicanos para retratar o traballo destes artistas poñendo énfase tanto nos detalles como nos traballadores e nos indíxenas.González Cruz Manjares, Maricela. Tina Modotti y el muralismo, un lenguaje común. Anales del Instituto de Investigaciones. 2001. Número=78. Páxinas=175-181. http://www.analesiie.unam.mx/pdf/78_175-188.pdf . Consultado o 5 de marzo de 2016}} Ademais do seu traballo independente, captar imaxes de indíxenas e mestizos e documentar a loita social dos menos privilexiados con gran coidado na composición e o armado das escenas, mais sen poses nin actitudes forzadas.Modotti, Tina. Tina Modotti. Una fotógrafa revolucionaria. 2013. Ed. Ocean Sur. Isbn=9781921700699 Hai un período de transición no que se produciron algunhas das súas fotos máis memorábeis, como as mans dun campesiño agarrando unha pa ou as mans dunha lavandeira.http://oscarenfotos.com/2014/03/29/tina-modotti-leyendo-la-leyenda/#_edn12 Óscar Colorado Nates. Leyendo la leyenda: Tina Modotti Consultado o 6 de xaneiro de 2015.

Exhibicións fotográficas

O traballo de Modotti foi redescuberto nos Estados Unidos cando 90 fotografías clásicas foron exhibidas no Museo de Arte de Filadelfia en 1996. Martha Chahroudi, a comisaria do museo de fotografía, organizou a mostra. Para recadar fondos para a mostra, a cantante Madonna poxou o seu Mercedes-Benz 1963. Madonna tornouse a maior coleccionista do traballo de Modotti. Antes da presentación do seu traballo nos EUA, as fotografías de Modotti foran expostas en Italia, Polonia, Alemaña e Austria alén doutros países. A maior delas foi a Kunst Haus Wien o 30 de xuño de 2010 en Viena, Austria. Mostra con 250 imaxes moitas nunca antes expostas. A exhibición estivo baseada nas coleccións da Galería Bilderwelt, Berlín e Spencer Throckmorton, NYC e foron comisariadas por Reinhard Schultz.

Filmografía miniatura|dereita|350px|Tina Modotti no filme The tiger's coat (1920) Actuou en 3 películas:http://www.imdb.com/name/nm0595322// Tina Modotti. Consultado o 5 de xaneiro de 2015. IMDb. Arquivo: http://web.archive.org/web/ http://www.imdb.com/name/nm0595322// . Data do arquivo: 24 de novembro de 2015 The Tiger's Coat (1920) Riding with Death (1921) I can explain (1922) Durante este tempo, as actrices eran frecuentemente obrigadas a achegar os seus propios traxes e para eses filmes, Modotti que era unha hábil costureira, proveu chales extravagantes, capas de satén, suxeitadores adornados, boinas con plumas, pantalóns de harén e galas tinxidas artesanalmente.

Aparicións en obras de ficción

En 2002, estreouse a película Frida (2002), dirixida por Julie Taymor, na que Ashley Judd interpreta a fotógrafa. Un ano despois, o autor de banda deseñada español Ángel de la Calle, publicou o primeiro volume da biografía Modotti, una mujer del siglo XX, cuxa segunda e última parte viu a luz en 2007.Darias, Manuel (02/05/2010). Ángel de la Calle, Diario de Avisos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

En español: Tina Modotti, la fotógrafa revolucionaria Tina Modotti, patriagrande Tinna Modotti, El Ángel Caído, revista de fotografía Comitato Tina Modotti, en italiano La pasión de Tina Modotti, Por: Rúbila Araya, Revista Escáner Cultural, novembro de 2003 Pasaje del libro titulado "Tina Modotti" (1998. Txalaparta. Tafalla). Google Books Modotti: una mujer del siglo XX polo propio Ángel de la Calle, Literaturas.com; En inglés: George Eastman House Tina Modotti Books 2010 Kunst Haus Wien Exhibit Documentos sobre Tina Modotti no arquivo dixital do Proxecto de Documentos do ICAA, Museum of Fine Arts, Houston

Categoría:Fotógrafos de Italia Categoría:Nados na provincia de Udine Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1942