Xulia Vicente Jiménez, nada en Cariño o 6 de setembro de 1993, é unha autora de banda deseñada e ilustradora galega.
Traxectoria Formouse na Universidade Politécnica de Valencia, onde axiña fixo tándem artístico con Núria Tamarit e coa que participou no fanzine Sacoponcho. Tamén ilustraron os libros da serie Anna Dédalus, escritos por Miguel Ángel Giner Bou. En 2016 publicaron en Ediciones La Cúpula a súa primeira novela gráfica, Duerme Pueblo. Está baseada nos xogos de mesa e de misterio e tamén foi o seu traballo final de carreira.
No mesmo ano Xulia publicou Ari, cazador de dragones, con guión de Manuel Gutiérrez.
En 2020 publicou Elisa e Marcela.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Cariño Categoría:Nados en 1993 Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Valencia