Manuel Rodríguez Suárez,Nalgunhas fontes figura como Manuel Rodríguez Gundín. Asturiano, nado en Asturias e finado en Frades o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria Chegou a Galicia con Florentino Menéndez Palacio a finais de 1946 fuxindo dunha caída do PCE en Asturias. Membro do destacamento Manuel del Río Botana, un dos catro grupos da Agrupación Pasionaria (antes IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia) comandado por Manuel Ponte Pedreira. Por mor dunha delación, a Garda Civil cercounos no Fontao (Abellá, Frades) e morreu no enfrontamento xunto con Manuel Ponte e Manuel Díaz Pan.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Nados en Asturias

Categoría:Finados en 1947