A Unión Matemática Internacional é unha organización internacional non gobernamental fundada en 1920 que ten como propósito fomentar a cooperación internacional en matemáticas e apoia o Congreso Internacional de Matemáticos.

Os seus membros son organizacións nacionais matemáticas de 77 países.

A súa misión é estimular a colaboración internacional en todas as áreas da matemática.

En febreiro de 2011 a Unión Matemática Internacional inaugurou a primeira sede permanente en Berlín.

A Unión é membro do Consello Internacional para a Ciencia.

Obxectivos Os obxectivos da Unión Matemática Internacional son: promover a cooperación internacional en matemáticas, apoiar e axudar ao Congreso Internacional de Matemáticos e outras reunións/conferencias científicas internacionais, recoñecer as contribucións de investigación destacadas ás matemáticas mediante a concesión de premios científicos e fomentar e apoiar outras actividades matemáticas internacionais que se consideren susceptibles de contribuír ao desenvolvemento da ciencia matemática en calquera dos seus aspectos, xa sexa pura, aplicada ou educativa.

Premios e as distincións outorgadas considéranse as máis altas en matemáticas: a Medalla Fields (entre dúas a catro medallas dende 1936), o Premio Rolf Nevanlinna (dende 1986), o premio Premio Carl Friedrich Gauss (dende 2006) e a Medalla Chern (dende 2010).

Presidentes miniatura|Rolf Nevanlinna, presidente da IMU en 1959 Listaxe dos presidentes da Unión Matemática Internacional dende 1952: 1952–1954: Marshall Harvey Stone (vice: Émile Borel, Erich Kamke) 1955–1958: Heinz Hopf (vice: Arnaud Denjoy, W. V. D. Hodge) 1959–1962: Rolf Nevanlinna (vice: Pavel Alexandrov, Marston Morse) 1963–1966: Georges de Rham (vice: Henri Cartan, Kazimierz Kuratowski) 1967–1970: Henri Cartan (vice: Mikhail Lavrentyev, Deane Montgomery) 1971–1974: K. S. Chandrasekharan (vice: Abraham Adrian Albert, Lev Pontryagin) 1975–1978: Deane Montgomery (vice: J. W. S. Cassels, Miron Nicolescu, Gheorghe Vrânceanu) 1979–1982: Lennart Carleson (vice: Masayoshi Nagata, Yuri Vasilyevich Prokhorov) 1983–1986: Jürgen Moser (vice: Ludvig Faddeev, Jean-Pierre Serre) 1987–1990: Ludvig Faddeev (vice: Walter Feit, Lars Hörmander) 1991–1994: Jacques-Louis Lions (vice: John H. Coates, David Mumford) 1995–1998: David Mumford (vice: Vladimir Arnold, Albrecht Dold) 1999–2002: Jacob Palis (vice: Simon Donaldson, Shigefumi Mori) 2003–2006: John M. Ball (vice: Jean-Michel Bismut, Masaki Kashiwara) 2007–2010: László Lovász (vice: Zhi-Ming Ma, Claudio Procesi) 2011–2014: Ingrid Daubechies (vice: Christiane Rousseau, Marcelo Viana) 2015–2018: Shigefumi Mori (vice: Alicia Dickenstein, Vaughan Jones) 2019–2022: Carlos Kenig (vice: Nalini Joshi, Loyiso Nongxa) 2023–2026: Hiraku Nakajima (vice: Ulrike Tillmann, Tatiana Toro)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Unión Matemática Internacional