Pixies é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en Boston, Massachusetts en 1986. O grupo separouse en 1993 pero volveu reunirse en 2004. Os seus membros actuais son Black Francis (voz e guitarra), Joey Santiago (guitarra), David Lovering (batería) e Paz Lenchantin (baixo). O día 14 de xuño do 2013 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que a baixista Kim Deal deixaba o grupoAnuncio da saída de Kim Deal no Facebook da banda.

Traxectoria Formación da banda O guitarrista Joey Santiago e o compositor Black Francis (nado Charles Michael Kittridge Thompson IV) coñecéronse en 1984 cando vivían xuntos mentres asistían á Universidade de Massachusetts en Amherst.Spitz 2004 Aínda que Santiago estaba preocupado polas distraccións, decatouse de que Francis tocaba música e os dous comezaron a improvisar xuntos.Frank & Ganz 2005, p. 11 Francis pasou seis meses en Porto Rico estudando español, e despois volveu a Amherst e abandonou a universidade.Sisario 2006, pp. 12-13 Francis e Santiago pasaron o ano seguinte traballando nun almacén da zona de Boston, con Francis compoñendo cancións coa súa guitarra acústica e escribindo letras no metro.Frank & Ganz 2005, p. 13

A parella formou unha banda en xaneiro de 1986. Dúas semanas despois Francis publicou un anuncio buscando un baixista ao que lle gustasen tanto o grupo folk Peter, Paul and Mary como a banda de rock alternativo Hüsker Dü.Frank & Ganz 2005, pp. 13-14 Kim Deal foi a única persoa en responder e chegou á audición sen baixo, xa que nunca tocara un antes.Frank & Ganz 2005, p. 15Sisario 2006, p. 14 Foi convidada a unirse porque lle gustaban as cancións que Francis lle ensinou. Conseguiu un baixo e o trío comezou a ensaiar no apartamento de Deal.Frank & Ganz 2005, p. 20

Despois de recrutar a Deal, Kim pagoulle á súa irmá, Kelley Deal, para que voase a Boston e fixese unha audición como batería. Aínda que Francis o aprobou, Kelley non confiaba na súa forma de tocar a batería e estaba máis interesada en tocar cancións escritas por Kim; máis tarde uniuse á banda de Kim, The Breeders.Chick 2008 O marido de Kim suxeriu que contratasen a David Lovering, a quen Kim coñecera na súa voda.Frank & Ganz 2005, p. 18Sisario 2006, pp. 8-9 O grupo chegou a un nome despois de que Santiago seleccionase a palabra "pixies" ao chou dun dicionario, gustándolle o seu aspecto e a súa definición como "pequenos elfos trapalleiros". Os Pixies trasladaron os ensaios ao garaxe dos pais de Lovering a mediados de 1986 e comezaron a tocar en bares da zona de Boston.

Primeiro traballo, Come On Pilgrim En 1986, os Pixies estaban tocando en Boston, nun concerto coa banda Throwing Muses, da guitarrista Tanya Donnevy (que máis tarde participaría en The Breeders). Ao representante de Throwing Muses e director dos Fort Apache Studios, Gary Smith, que estaba entre o público, gustoulle o son dos Pixies e ofreceulles a gravación dun disco. Díxolles que "non podería durmir ata que sexades mundialmente famosos".

Financiados polo pai de Francis, en marzo de 1987 os Pixies pasaron tres días gravando unha maqueta de 17 cancións en Fort Apache, que se coñecería como The Purple Tape pola súa portada morada.Sisario 2006, p. 16 O promotor Ken Goes converteuse no representante dos Pixies e pasoulle a demo a Ivo Watts-Russell, un dos donos do selo independente británico 4AD, que na época tamén era a discográfica de Throwing Muses. Watts-Russell considerou aos Pixies demasiado normais e "demasiado rock 'n' roll", pero a súa moza convenceuno de fichalos.Sisario 2006, p. 17

Tras fichar por 4AD, oito temas de The Purple Tape foron seleccionados para o mini-LP Come On Pilgrim, o primeiro lanzamento dos Pixies. Francis inspirouse nas súas experiencias en Porto Rico, principalmente nas cancións "Vamos" e "Isla de Encanta", describindo a pobreza no país e cantando nun español pouco convencional. As letras de contido relixioso e os álbums posteriores procedían da etapa dos seus pais como cristiáns renacidos na Igrexa Pentecostal. A crítica Heather Phares identificou temas como a frustración sexual ("I've Been Tired") e o incesto ("Nimrod's Son" e "The Holiday Song").

Surfer Rosa e Doolitle A Come On Pilgrim seguiulle o primeiro álbum de longa duración dos Pixies, Surfer Rosa, gravado por Steve Albini.Frank & Ganz 2005, p. 75 O disco completouse en dúas semanas e publicouse a principios de 1988. Surfer Rosa gañou o recoñecemento dos Pixies en Europa; tanto Melody Maker como Sounds nomeárono o seu "Álbum do Ano". A resposta da crítica estadounidense foi positiva pero máis moderada, unha reacción que persistiu durante gran parte da carreira dos Pixies.Sisario 2006, pp. 19-20 O álbum finalmente foi certificado como ouro nos Estados Unidos en 2005. Os Pixies chegaron a Inglaterra para apoiar a Throwing Muses na xira europea Sex and Death, que comezou no Mean Fiddler de Londres.Frank & Ganz 2005, p. 94 A xira tamén os levou aos Países Baixos, onde os Pixies xa recibiran unha importante atención dos medios.

A banda asinou un contrato de distribución estadounidense co importante selo discográfico Elektra Records. Por aquel entón, estableceron unha relación co produtor británico Gil Norton. Norton produciu o seu segundo álbum completo, Doolittle, que se gravou nas últimas seis semanas de 1988. Doolittle tiña un son moito máis limpo en comparación co son cru dos seus dous primeiros lanzamentos, en gran parte debido a Norton e ao orzamento de produción de 40 000 dólares, que era catro veces o de Surfer Rosa.Sisario 2006, p. 47 Doolittle incluía o sinxelo "Here Comes Your Man", que os biógrafos Josh Frank e Caryn Ganz describen como unha canción infrecuentemente alegre e pop para a banda.Frank & Ganz 2005, pp. 118-119 "Monkey Gone to Heaven" foi popular na radio de rock alternativo nos Estados Unidos, alcanzou o top 10 da lista Billboard Modern Rock Tracks, e entrou no top 100 no Reino Unido.Roach 2008, p. 320 Do mesmo xeito que Surfer Rosa, Doolittle foi aclamado tanto polos fans como pola crítica musical. Doolittle foi o seu primeiro álbum en entrar na Billboard 200, chegando ao posto 98. No Reino Unido foi un éxito comercial, chegando ao número 8 na lista de álbums.

Descanso e proxectos paralelos miniatura|275px|A banda ao vivo En 1989 a banda decide darse un descanso e algúns dos seus integrantes adícanse a proxectos paralelos. Kim Deal, xunto con Tanya Donnevy (de Throwing Muses) e Josephine Wiggs (de Perfect Disaster), resucitou a banda The Breeders e lanzou o álbum Pod en 1990 producido por Steve Albini. Black Francis comezaría unha pequena xira en solitario.

Ese ano a banda volve a reunirse para a gravación dun novo disco. Producido por Gil Norton, Bossanova edítase a finais de 1990 e segue a mesma liña ques discos anteriores, aínda que cunha influencia máis marcada do surf rock. Ese ano The Pixies sería unhas das cabezas de cartel do Reading Festival, en Inglaterra.

Trompe Le Monde Nesa época era evidente que as relacións entre Black Francis e Kim Deal non eran boas, e aumentaron os rumores sobre a disolución da banda. Porén, The Pixies entrou no estudio novamente con Gil Norton para a gravación dun novo traballo. O resultado fou Trompe Le Monde, lanzado en 1991. O son da banda achégase un pouco ao hard rock neste novo álbum.

Despois de actuar como abreconcertos de U2 na xira ZooTV, a banda decidiu tomarse un novo descanso. Kim Deal aproveitou para gravar o EP Saffari con The Breeders, e Black Francis comezou a gravar un disco en solitario.

Separación En 1992, pouco antes do lanzamento do disco, titulado Frank Black, Francis anunciou nunha entrevista na BBC o fin da banda debido ás malas relacións con Deal.

Despois da separación saíron algúns discos recompilatorios, destacando Death to the Pixies de 1997 e Complete B-Sides de 2001. Outros lanzamentos foron Pixies (The Purple Tape) e Pixies at the BBC. En 2003 comezan a aparecer rumores dunha posible reunión dos Pixies para a realización dunha xira mundial.

Volta á actividade Nos anos posteriores á separación dos Pixies, Black desestimou os rumores dunha reunión, pero incorporou un número crecente de cancións dos Pixies nas súas actuacións cos Catholics,Mendelssohn, John (2005). Gigantic: The Story of Frank Blank and the Pixies. Omnibus Press. ISBN 1-84449-490-X e ocasionalmente incluíu a Santiago no seu traballo en solitario e ao espectáculo de maxia de Lovering como abreconcertos. En 2003, unha serie de chamadas telefónicas entre os membros da banda deu lugar a algúns ensaios discretos e, axiña, á decisión de reunirse. En febreiro de 2004 anunciouse unha xira completa, e as entradas para case todas as datas iniciais esgotáronse en cuestión de minutos.

Os Pixies deron o seu primeiro concerto o 13 de abril do 2004 en Minneapolis, Minnesota. Seguiulle unha xira a través dos Estados Unidos e o Canadá que durante o ano estendeuse ao Brasil, Europa e o Xapón.

No mes de xuño dese ano a banda editou o sinxelo "Bam Thwok" exclusivamente para a tenda de iTunes. 4AD reeditou Wave of Mutilation: The Best of the Pixies, xunto cun DVD acompañándo o disco. No mes de agosto foron cabezas de cartel, xunto con The Strokes, nos festivais V Festival e no T in the Park.

En 2005 tocaron nos festivais estadounidenses de Lollapalooza e de Sasquatch! e apareceron nalgúns eventos europeos, coma os festivais de Reading e de Leeds. En xullo de 2005 Francis anunciou que a banda agardaba gravar un novo álbum nos meses seguintes, o primeiro dende 1991, pero a idea finalmente non se levou a cabo.

A banda continuou actuando nos anos 2006 e 2007 e Francis comezou a dicir en entrevistas que a reunión estaba chegando ao seu fin. Pero a mediados do 2008 suxeriu novamente a posibilidade da gravación dun novo traballo.

O 13 de marzo do 2009 anunciaron que tocarían no Isle of Wight Festival, tocando o domingo xusto antes do cabeza de cartel, Neil Young.

. O 21 de abril confirmaron que unha nova edición podería reservarse a partir do 15 de xuño. O disco, Minotaur, sería un box set dos álbums anteriores do grupo con máis material gráfico, dispoñible en edición de luxo e edición limitada. O deseño gráfico sería feito por Vaughan Oliver e Simon Larbalestier, os responsables dese traballo nos álbums orixinais. Para coincidir coa data realizouse unha exposición, á que só podía accederse con invitación, onde se amosaban as obra elixidas para Minotaur en Londres. Tamén realizaron un concerto secreto no evento a onde asistiron Oliver, Larbalestier, un grupo de xornalistas e celebridades do indie (Kevin Shields, Dirty Pretty Things, Klaxons e The Horrors).

Para celebrar o 20 aniversario da edición de Doolittle, Pixies anunciou unha pequena xira europea en outubro do 2009 que pasaría por Londres, Glasgow, Ámsterdam, Dublín e Frankfurt. Posteriormente tamén se anunciaron 14 datas adicionais polos Estados Unidos en novembro e contaban tamén con achegarse a Australia e Nova Zelandia a principios do 2010.

En xuño do 2010 continuaron a xira de Doolittle con 11 datas nos Estados Unidos e anunciouse unha pequena xira por Suramérica.

Marcha de Kim Deal miniatura|Os Pixies no Primavera Sound de Porto 2014 O 14 de xuño de 2013 a través do seu perfil de Twitter a banda anunciou que Kim Deal deixara os Pixies. Dúas semanas despois o grupo publicou unha canción nova, "Bagboy", como descarga gratuíta a través da súa páxina web. A canción contaba con Jeremy Dubs nas voces no lugar de Deal.