As protestas polo oleoduto Dakota Access, tamén coñecidas polo cancelo #NoDAPL, foron movementos grassroots que comezaron na primavera de 2016 por mor da aprobación da construción do oleoduto Dakota Access por Energy Transfer Partners no norte dos Estados Unidos de América. O oleoduto foi proposto para percorrer dende os campos de petróleo de Bakken Formation no oeste de Dacota do Norte até o sur de Illinois, cruzando o río Missouri e o río Mississippi, así como por baixo do lago Oahe preto da reserva india de Standing Rock. Moitos dos membros das tribos de Standing Rock consideraron o oleoduto unha ameaza para a auga limpa da rexión e dos seus antigos campos de enterramento.
Antecedentes As protestas contra a construción de oleoduto rexistráronse en outubro de 2014, cando activistas comunitarios e ecoloxistas de Iowa presentaron 2.300 peticións ao gobernador de Iowa, Terry Branstad, pedíndolle que asinara unha orde executiva estatal para detelo. A tribo Sac & Fox do Mississippi en Iowa (Nación Meskwaki) tamén se opuxo ao trazado e presentou formalmente a súa oposición a comezos do 2015, expresando a súa preocupación polos danos causados ao hábitat ea fauna e flora silvestres e a os lugares sagrados. Os membros da tribo opuxéronse tamén ao oleoduto Keystone XL. Nunha carta á Xunta de Servizos Públicos de Iowa, a presidenta da tribo, Judith Bender, escribiu que existían "preocupacións medioambientais sobre a terra e o auga potable... abondará un erro para que a vida en Iowa cambie durante os próximos milleiros de anos". A tribo solicitou unha orde xudicial alegando que o Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos non realizara un estudo de impacto medioambiental e cultural axeitado.
As protestas miniatura|240px|Marcha pacífica en setembro de 2016. En marzo e abril de 2016, a Axencia de Protección Ambiental, o Departamento do Interior e o Consello Asesor na Preservación Histórica pediron ao Corpo de Enxeñeiros que levasen a cabo unha avaliación de impacto ambiental e emitisen unha Declaración de Impacto Ambiental.
No mes de abril de 2016, a mocidade de Standing Rock e das comunidades nativas americanas do arredor organizaron unha campaña para deter a construción do oleoduto, autodenominada "ReZpect Our Water" (Respectade a nosa auga). A historiadora e activista lakota de Standing Rock, LaDonna Brave Bull Allard, estabeleceu un campamento de protección da auga como centro de resistencia espiritual ao oleoduto, en defensa da soberanía indíxena e como preservación cultural. O cancelo #NoDAPL comezou ser tendencia nas redes sociais, e os campamentos de Standing Rock foron crecendo gradualmente ata contar con milleiros de persoas.
O 23 de agosto de 2016, a tribo síux de Standing Rock publicou unha lista de 87 gobernos tribais que redactaron resolucións, proclamas e cartas de apoio nas que manifestaron a súa solidariedade con Standing Rock e o pobo síux. Dende entón, moitas máis organizacións de nativos americanos, políticos, grupos ecoloxistas e de dereitos civiles uníronse ao esforzo en Dakota do Norte, incluído o movemento Black Lives Matter, líderes indíxenas da conca amazónica de Suramérica, o daquela senador de Vermont Bernie Sanders, a candidata presidencial do Partido Verde en 2016 Jill Stein e o seu compañeiro Ajamu Baraka, e moita xente máis. The Washington Post cualificouno de "movemento nacional para os nativos americanos". En setembro, a protesta constituía a meirande concentración de nativos americanos en máis de 100 anos.
Gran parte do oleoduto fora completado a finais de 2016, polo que o cruzamento do río Missouri fixo medrar a súa controversia. O Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos de América realizou unha revisión limitada da ruta e non atopou ningún impacto a ter en conta. En marzo e abril de 2016, a Axencia de Protección Ambiental, o Departamento do Interior e o Consello Asesor na Preservación Histórica pediron ó Corpo de Enxeñeiros que levasen a cabo unha avaliación de impacto ambiental e emitisen unha Declaración de Impacto Ambiental. A tribo de Standing Rock presentou unha demanda contra o Corpo de Enxeñeiros en xullo, pero a moción foi denegada en setembro de 2016.
miniatura|Rexistro videográfico das protestas, por Goodman. As protestas captaron a atención internacional e foron consideradas unha "remodelación das conversas nacionais para calquera proxecto ambiental que cruzase a terra dos nativos americanos", pero a cobertura destes acontecementos nos principais medios de comunicación dos Estados Unidos foi limitada até comezos de setembro. O 3 de setembro, traballadores da construción arrasaron unha sección de terra que a tribo identificou como terreo sagrado, nunha emenda ó mandato federal un día antes. Cando os protestantes entraron na área, os traballadores de seguridade empregaron cans de ataque, trabando a varios dos protestantes e un cabalo. O incidente foi gravado e visto por millóns de persoas en YouTube e outras redes sociais. A finais de outubro, soldados armados e policías con equipo antidisturbios e equipo militar despexaron un campamento que estaba directamente no camiño do oleoduto proposto.
A finais de novembro, moitos novos participantes uníronse á protesta; flutuando o número de protestantes en varios milleiros. O tempo empeorou coa caída das neves e as temperaturas baixo cero. A policía empregou canóns de auga contra eles, acaparando a atención dos medios. O 4 de decembro, baixo a administración do Presidente Barack Obama, o Corpo de Enxeñeiros rexeitou a construción do oleoduto por debaixo do río Missouri. Unha avaliación de impacto ambiental tamén será levada a cabo polo Corpo do Exército. Moitos protestantes continúan acampados no lugar, xa que consideran que a disputa aínda non estaba pechada.
Construción do oleoduto miniatura|260x260px|A construción do oleoduto Dakota Access no centro de Iowa. O 24 de xaneiro de 2017, o acabado de elixir presidente Donald Trump asinou unha orde executiva que permitía a construción do oleoduto. O 8 de febreiro de 2017, o Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos (USACE) concedeu a Dakota Access, LLC unha servidume baseada na Lei de Alugamento de Minerais para cruzar a lagoa Oahe e rematar a construción do oleoduto. O 9 de febreiro de 2017, a tribo síux do río Cheyenne presentou unha moción para obter unha orde de restrición alegando violacións da Lei de Restauración da Liberdade Relixiosa, alegando que un vertido de petróleo perturbaría a súa capacidade para practicar libremente o seu culto. Esta orde de restrición preliminar foi rexeitada o 7 de marzo de 2017. O 14 de febreiro de 2017, a tribo síux de Standing Rock e a tribo síux do río Cheyenne presentaron unha petición de xuízo sumario. A moción pedía ao Tribunal que se pronunciase sobre as cuestións xurídicas non resoltas relativas ao USACE, incluído o cumprimento dos requisitos da Lei Nacional de Política Ambiental (NEPA) e a violación dos dereitos dos tratados tribais.
A moción abranguía tres reclamacións: 1) O requisito legal dunha revisión medioambiental completa, transparente e pública para calquera acción federal que teña efectos medioambientais "significativos". 2) Os dereitos dos tratados tribais que garanten a integridade da súa reserva. 3) A revogación de decisións da administración anterior.
Porén, o oleoduto rematouse en abril de 2017, e a primeira entrega de petróleo foi o 14 de maio.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Campamento das Pedras Sagradas - Primeiro campamento protector da auga en Standing Rock. ReZpect Our Water - Xuventude de Standing Rock
Categoría:2016 Categoría:Río Mississippi Categoría:Historia dos Estados Unidos de América Categoría:Río Missouri Categoría:Nacionalismo nativo americano