Eduardo Rosón López, nado en Cervantes en novembro de 1880 e finado en 1975, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Pascual Rosón Quindós que foi alcalde e xuíz municipal de Cervantes. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1901.El Norte de Galicia, 27-6-1901, p. 2. Colaborou en El Correo de Lugo, El Norte de Galicia, La Idea Moderna e El Áncora.El Correo de Lugo, 1-10-1900, p. 3. Exerceu a avogacía en Becerreá, onde foi secretario do concello. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado provincial polo distrito da Fonsagrada-Becerreá en 1905,El Norte de Galicia, 17-3-1905, p. 2. e volveu ser elixido polo distrito de Sarria-Chantada en 1911,El Miño, 19-3-1911, p. 2. repetindo polo mesmo distrito polo artigo 29 en 1915.La Voz de la Verdad, 8-3-1915, p. 1. Instalou despacho de avogado en Lugo en 1918.La Voz de la Verdad, 12-4-1918, p. 2. Foi gobernador civil de León (1919),La Idea Moderna, 28-7-1919, p. 2. Ourense (1921-1922), Burgos e Oviedo (1930). Presidiu a Federación Católica Agraria de Lugo a principios dos anos vinte. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Lugo en xaneiro de 1925, e elixido alcalde o 13 de xaneiro.El Ideal Gallego, 14-1-1925, p. 4. Foi vicepresidente do Comité Provincial da Unión Patriótica. Permaneceu na alcaldía até que foi destituído a finais de marzo de 1927.El Regional, 29-4-1927, p. 2. Foi iniciativa súa a celebración en Lugo do Congreso de Economía Gallega os días 7 e 8 de outubro do 1925. Foi decano do Colexio de Avogados de Lugo dende 1947.El Progreso, 28-3-1947, p. 3.
Escribiu artigos dedicados á agricultura e varios folletos, entre eles El ferrocarril de Ribadeo a El Bierzo (1928).
Recoñecementos Cruz distinguida de San Raimundo de Peñafort en 1968.El Progreso, 24-7-1968, p. 3.
Vida persoal Casou en Vilafranca do Bierzo con Lucía Espinosa de la Iglesia o 30 de maio de 1917.La Voz de la Verdad, 2-6-1917, p. 2. Foi tío de Antonio, Eduardo e Juan José Rosón Pérez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Lugo Categoría:Gobernadores civís de León Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Gobernadores civís de Burgos Categoría:Gobernadores civís de Asturias Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1975