A Agrupació Independent Popular de Formentera foi unha agrupación política da illa de Formentera, formada polo Partido Popular e polo Grup d'Independents de Formentera. No Parlamento das Illas Baleares integrábase no grupo parlamentario popular. Obtiveron o escano correspondente á circunscrición de Formentera nas eleccións de 1995, 2003 e 2007.

Nas eleccións autonómicas de 2007 obtivo 1.769 votos (54,45% na circunscrición).Resultados das eleccións ao Parlamento Balear de 2007 por circunscricións Nas locais (que serviron para constituír o novo Consello Insular de Formentera) obtiveron 1.068 votos (30,88%), que se traduciron en 4 conselleiros.Resultados das eleccións locais de 2007 na provincia de Illas Baleares Para as eleccións de 2011, o Partido Popular e o Grup d'Independents de Formentera decidiron presentarse en coalición baixo o nome de Sa Unió de Formentera.O PP desaparece en Formentera para converterse en Sa Unió

Notas

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Política de Formentera