Adela Melijosa Suárez, coñecida como A Santanderina, nada en Santander en 1896, foi unha política galega.
Traxectoria Instalada en Vigo, durante a República participou en varios actos da Fronte Popular e foi elixida vogal da Agrupación de Mujeres Antifascistas en marzo de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida e estivo presa por orde gobernativa no cárcere de Vigo. Abríronlle unha causa militar logo da incautación dunha carta que lle dirixiu o condenado a morte José Domínguez González. No consello de guerra, celebrado 7 de xullo de 1937 en Vigo, o fiscal fixo referencias á súa vida privada e significación política, pero retirou as acusacións e suxeriu fose sancionada gobernativamente. O tribunal absolveuna.
Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes