InkBall é un videoxogo de computador que está incluído coa Edición Windows XP Tablet PC de 2005 e Windows Vista agás para as edicións Starter e Home Basic. O xogo consiste en debuxar liñas para guiar as bolas dentro de buratos coas cores correspondentes. Na edición Windows XP Tablet PC, era preciso empregar unha tableta gráfica para poder xogar axeitadamente, xa que o cursor do rato non era visible na fiestra do xogo. En Windows Vista, pódese xogar empregando o rato.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de 2004 Categoría:Videoxogos de Microsoft Studios Categoría:Videoxogos de Windows