Michael Olayinka Fakuade, nado o 18 de febreiro de 1989 en Chicago (Illinois), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense con pasaporte nixeriano. Actualmente xoga para o Orléans Loiret Basket da LNB Pro B, no que se desenvolve na posición de ala-pivote cunha altura de 2,01 metros.

Traxectoria Nado na cidade estadounidense de Chicago (Illinois), Michael Fakuade formouse na Universidade de Northern Illinois, onde xogou na primeira división da NCAA cos Northern Illionois Huskies. Posteriormente, entre 2010 e 2012, xoga para a Universidade de Illinois-Springfield, para acabar por dar o salto ao profesionalismo en Alemaña. En Europa debuta co UBC Tigers Hannover, equipo da ProB, terceira categoría do baloncesto xermano. Alí fai uns destacábeis 15,2 puntos e 10,6 rebotes por partido, chamando a atención do ETB Wohnbau da ProA, a segunda división do país. Na súa segunda temporada en Alemaña realizou 8,3 puntos e colleu 7,3 rebotes por partido.

Tras acabar a temporada non asina con ningún equipo, até que en outubro de 2014 convértese no último xogar en chegar ao cadro de xogadores do efectivo do Força Lleida da Liga LEB Ouro. Nas filas do conxunto catalán logra unhas medias de 7,2 puntos, 5,2 rebotes, 0,8 asistencias, 1 tapón e 8,5 de valoración por encontro. Ao ano seguinte asina polo Quesos Cerrato Palencia da mesma categoría, equipo onde se converte nunha peza fundamental para a consecución do título, aportando 9,8 puntos e 6,2 rebotes por partido. Tras finalizar a temporada, o 26 de setembro de 2016 asina co Club Baloncesto Breogán.

Clubs 20px|border|NCAA Northern Illinois Huskies (NCAA, 2007−2010) 20px|border|NCAA Illinois-Springfield (NCAA, 2010−2012) 20px|border|ProB UBC Tigers Hannover (ProB, 2012−2013) 20px|border|ProA ETB Wohnbau (ProA, 2013−2014) 20px|border|LNBP Força Lleida (LEB, 2014−2015) 20px|border|LNBP Palencia (LEB, 2015−2016) 20px|border|LEB Breogán (LEB, 2016−2017) 20px|border|ACB Gipuzkoa Basket (ACB, 2017−2018) 20px|border|LNB Pro B Orléans Loiret Basket (LNB Pro B, dende 2018)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en FEB.es

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Força Lleida CE Categoría:Xogadores do CD Maristas Palencia‎ Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do San Sebastián Gipuzkoa BC‎ Categoría:Xogadores do Orléans Loiret Basket‎