O Pistoia Basket 2000, actualmente coñecido como Giorgio Tesi Group Pistoia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Pistoia, Toscana. Fundado en 2000, actualmente compite na Serie A2 Basket, segunda categoría do baloncesto transalpino.

Historia O equipo nace como Libertas en tempos da posguerra, converténdose no Olimpia Basket Pistoia a mediados dos anos 1970. Acandan a Serie B en 1984, a Serie A2 en 1987 e finalmente a A1 en 1992, chegando a participar na Copa Korać en 1997, onde chegaron aos oitavos de final. No ano 2000, tras non poder manterse por motivos económicos, o club reconstrúese partindo das categorías inferiores, coa nova denominación de Pistoia Basket 2000. Disputan a Serie B até 2007, cando logran o ascenso á Legadue, a vella segunda división italiana. En 2013, tras finalizar segundos na liga regular e gañar os play-off, os pistoiesi lograron o ascenso á Serie A.

Patrocinadores Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

Cassa di Risparmio Pistoia (2002–2005) Associazione Vivaisti Pistoiesi (2005–2006) Power Dry Pistoia (2006–2007) Carmatic Pistoia (2007–2010) Tuscany Pistoia (2010–2011) Giorgio Tesi Group Pistoia (2011–2016) The Flexx Pistoia (2016–2018) OriOra Pistoia (2018–2020) Giorgio Tesi Group Pistoia (2020–presente)

Temporada a temporada TemporadaNivelLigaPlayoffEuropa2010–112 LegaDue 8 – –2011–122 LegaDue 2Campión –2012–132 LegaDue 2Subcampión –2013–141 Serie A 8Cuartofinalista –2014–151 Serie A 9 – –2015–161 Serie A 6Cuartofinalista –2016–171 Serie A 7Cuartofinalista –2017–181 Serie A 13 – –2018–191 Serie A 15 – –2019–201 Serie A 15 – –2020–211 Serie A2 16Cuartofinalista –

Palmarés Competicións domésticas Segunda División de Italia Campións (1): 2013

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Italia