Unha rede persoal de aprendizaxe é unha rede de aprendizaxe informal que consiste de xente que aprende interactuando e derivando coñecemento desde unha contorna persoal de aprendizaxe. Nunha rede persoal de aprendizaxe (RPA, ou PLN polas súas siglas en inglés, moito máis coñecidas), unha persoa fai unha conexión con outra persoa coa intención específica de que ocorra algún tipo de aprendizaxe debido á conexión.

As redes persoais de aprendizaxe comparten unha forte asociación co concepto de contorna persoal de aprendizaxe. Martindale & Dowdy describe unha contorna persoal de aprendizaxe como unha "manifestación dun proceso informal de aprendizaxe do aprendiz vía a web".

Aspectos De acordo coa teoría do conectivismo desenvolvida por George Siemens e Stephen Downes, o "epítome do conectivismo" é que os discentes crean concexións e desenvolven unha rede persoal que contribúe ó seu desenvolvemento persoal e profesional, e ó seu coñecemento.Connectivism: A Learning Theory for the Digital Age , International Journal of Instructional Technology and Distance Learning, Vol. 2 No. 1, Jan 2005

Recoñecemento oficial A Unión Europea no seu Lifelong Learning Programme 2007–2013 ten recoñecido o potencial das RPA apoiando con presuposto o proxecto aPLaNet project (Autonomous Personal Learning Networks for Language Teachers/Redes persoais de aprendizaxe autónomo para mestres de lingua). O proxecto explica o valor dos RPA para o desenvolvemento profesional dos educadores de linguas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Conectivismo (teoría da parendizaxe) Aprendizaxe en rede

Ligazóns externas European Union funded education project "Autonomous Personal Learning Networks for Language Teachers" (acrónimo aPLaNet) Presentación sobre o desenvolvemento de redes persoais de aprendizaxe da Radford University

Categoría:Didáctica