Santa María de Sabrexo é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 273 habitantes (141 mulleres e 132 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.

Historia Sabrexo foi ata o século XVIII freguesía autónoma, cunha pequena igrexa dedicada a San Miguel.

A casa-torre de Sabrexo aparece mencionada en textos antigos.

Nesta parroquia naceu o bispo de Ourense e, posteriormente, de Tui-Vigo Luís Quinteiro Fiúza.

Patrimonio A igrexa de Santa María de Sabrexo mostra o lado sobrio do barroco rural, ten o escudo da Orde dos Dominicos nunha das súas capelas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Sabrexo

Parroquias de Vila de Cruces

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces

Ligazóns externas Sabrexo na web do concello de Vila de Cruces

Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María