A gaivota de cabeza negra é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características Trátase dunha especie moi semellante á gaivota chorona tanto en tamaño coma en morfoloxía. Unha das diferenzas máis salientables son as ás completamente brancas da cabecinegra, en contraste coas puntas negras das as da chorona. Ademais a cabecinegra presenta un peteiro claramente avermellado tanto en adultos coma en xuvenís. No caso dos adultos da chorona o peteiro é escuro, case negro. Cada individuo tarda tres anos en acadar a idade adulta. Aniñan en colonias.
Distribución No inverno presente en todas as costas europeas, tanto atlánticas coma no mediterráneo, agás o Mar Báltico. No resto do ano ocupa puntos illados no interior de Europa Occidental e Central.
Notas
Cabecinegra