O melindre é un doce característico da gastronomía de Galicia, cunha forma semellante á dunha rosquilla pero máis pequeno. Caracterízase polo seu menor tamaño e polo baño de xarope de azucre que levan por fóra e co que adquiren unha consistente capa abrancazada que os envolve.
Características xerais miniatura|Showcooking de Xoán Crujeiras na festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide. Os ingredientes do doce son: manteiga de vaca, fariña, ovos, azucre e opcionalmente anís. Faise unha masa mesturando os ovos, a fariña e a manteiga, logo esa masa divídese en anacos e dáselle forma. Despois hai que metelas no forno ata que collan unha cor non moi escura. Hai que deixar que arrefríen ben e logo báñanse nun xarope de auga e azucre, e ese almibre que abrillanta o doce, que é o que lles da a súa aparencia característica. Poden durar un mes en boas condicións.
Son a peza central da festa anual do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide.
Feira do melindre de Melide Recollendo o traballo das rosquilleiras que amasaban os melindres nas casas e os levaban a vender ás feiras, no 1991 creouse a festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide, celebrada o segundo domingo de maio.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rico Amendoados
Ligazóns externas Feira do Melindre de Melide Receita
Categoría:Sobremesas e doces de Galicia Categoría:Pratos de ovos