A praza de San Marcos (en , en ) é a principal praza pública de Venecia, Italia, onde xeralmente se coñece simplemente como "la Piazza" (a Praza). Todos os outros espazos urbanos da cidade (fóra da Piazzetta e a Piazzale Roma) son chamados "campi" (campos). A Piazzetta (a "praciña") é unha extensión da praza cara á lagoa na súa esquina sur oriental (ver plano). Os dous espazos xuntos forman o centro social, relixioso e político de Venecia e son comunmente consideradas xuntas. Este artigo refírese ás dúas.

É coñecida principalmente pola súa beleza e integridade arquitectónica, polo que tamén é un dos principais atractivos turísticos da cidade. O seu corpo principal ten forma trapecio e 175 metros de longo.

Acostuma atribuírse a Napoleón chamar á praza de San Marcos "o salón de Europa" (a atribución a Napoleón non está comprobada).Margaret Plant has looked into the history of this "felicitous and much-used metaphor" but has to say that evidence for Napoleon's authorship is elusive. The earliest reference which she can quote is from a French guide book of 1844 which said (without citing any authority) that Napoleon said that the Piazza is a salon designed for the sky to serve as a canopy. See Plant pp.65-6

Descrición da Piazza miniatura|Plano da Piazza & Piazzetta. miniatura|Piazza San Marco A prazaDescrición xeral detallada da praza en Macadam pp.63ff está dominada no seu extremo oriental pola igrexa de San Marcos o grande. Descríbese aquí un percorrido a partir da fachada occidental da igrexa (ao longo da Piazza) e continua para a dereita.

miniatura|Fachada oeste da basílica de San Marcos A igrexa descríbese no artigo Basílica de San Marcos, pero hai aspectos da mesma que forman parte da praza e polo tanto deben ser mencionados aquí, incluíndo a totalidade da fachada oeste cos seus grandes arcos e decoración de mármore, as tallas románicas ao redor da porta central e, sobre todo, os catro cabalos que presiden toda a praza e que son os potentes símbolos da soberbia e o poder de Venecia, os xenoveses en 1379 dixeron que non podería haber paz entre as dúas cidades ata que estes cabalos foran embridados, catrocentos anos máis tarde, Napoleón, logo de conquistar Venecia, botounos abaixo e enviounos a París.

A Piazzetta di Leoncini é un espazo aberto no lado norte da igrexa. Leva o nome dos dous leóns de mármore (inaugurada polo Dux Alvise Mocenigo en 1722). Actualmente chámase "Piazzetta Giovanni XXIII". O edificio neoclásico no lado leste contiguo á basílica é o Palazzo Patriarcale, a sede do Patriarca de Venecia.

Máis aló está a Torre do Reloxo (Torre dell'Orologio), terminada en 1499, situada encima dunha alta arcada onde nace a rúa coñecida como a Merceria (a principal arteria da cidade) e que leva a través de rúas comerciais a Rialto, o centro comercial e financeiro. Á dereita da torre do reloxo esta a igrexa de San Basso, deseñada por Baldassarre Longhena (1675), ás veces aberta para exposicións.Macadam p.80

Á esquerda da torre do reloxo atópase unha longa arcada no lado norte da praza, os edificios deste lado son coñecidos como as Vellas Procuradorías, as vellas fiscalías, antigamente a sede dos procuradores de San Marcos, altos funcionarios do estado nos tempos da república de Venecia. Foron construídas no século XVI. A galería está chea de tendas e restaurantes ao nivel do chan, con oficinas encima. Os restaurantes inclúen o famoso Café Quadri, que era frecuentado polos austríacos cando Venecia foi gobernada por Austria no século XIX, mentres que os venecianos preferían o Florian no outro lado da praza.

Virando ao final a esquerda, a arcada continúa ao longo do extremo oeste da praza, foi reconstruída por Napoleón ao redor de 1810 e coñécese como a "Ala Napoleónica" (Á Napoleónica). Detrás das tendas, haí unha escaleira cerimonial que debía levar a un palacio real, pero que agora forma da entrada do Museo Correr.

miniatura|dereita|150px|A cara oeste do Campanile visto desde a praza (durante o Carnaval en Feb.1998) Virando á esquerda de novo, a arcada continúa polo lado sur da praza. Os edificios deste lado son coñecidos como as Novas Procuradorías (novas fiscalías), que foron deseñados e constuídas en parte por Jacopo Sansovino na metade do século XVI entre (1582-1586), logo da súa morte continuouna Vincenzo Scamozzi aparentemente con cambios solicitados polos procuradores e finalmente completada por Baldassarre Longhena sobre 1640.Macadam p.80. See also Deborah Howard: Jacopo Sansovino (1975) pp.15-16 Unha vez máis, a planta térrea conta con tendas e tamén o Café Florian, o famoso café abriuno en 1720 Floriano Francesconi, e era frecuentado polos venecianos cando os odiados austríacos paraban no Quadri. Os pisos superiores foron destinados por Napoleón para ser o palacio do seu fillastro Eugène de Beauharnais, o seu vicerrei en Venecia, e agora alberga o Museo Correr. No outro extremo as Procuradorías encóntrase co extremo norte da Libraría de Sansovino (mediados do século XVI), cuxa fronte principal da á Piazzetta. A galería continúa a volta da esquina na Piazzetta.

Fronte da libraría, illado na praza, está o Campanile da igrexa de San Marcos (1156-1173 última reforma en 1514), reconstruído en 1912 com'era, dov'era (como era, onde estaba) após do colapso do campanario o 14 de xullo de 1902. Xunto ao Campanile, que olla para a igrexa, está o elegante e pequeno edificio coñecido como a Loggetta del Sansovino, construído por Sansovino en 1537-1546, e utilizado como vestíbulo polos patricios que esperaban antes de entrar ás reunións do Gran Consello no Palacio Ducal e polos gardas cando o Gran Consello estaba reunido.

Nun lado da praza fronte da igrexa atópanse tres grandes mastros de bandeiras con bases de bronce decorados en altorrelevo por Alessandro Leopardi en 1505. A bandeira veneciana de San Marcos ondeaba neles no tempo da República de Venecia e agora compárteos coa bandeira italiana.

Descrición da Piazzetta miniatura|esquerda|250px|A Piazzetta de San Marcos, vista desde a basílica de San Marcos A Piazzetta di San Marco non forma parte (en rigor) da praza, é un espazo aberto adxacente que conecta o lado sur da praza coa vía acuática da lagoa. A Piazzetta atópase entre o Palacio Ducal no leste e a Biblioteca (Libraría) Jacopo Sansovino, que alberga a Biblioteca Marciana no oeste.For general description of the Piazzetta see Macadam pp.85-8 and 99-100

A partir do percorrido na esquina preto do Campanile, onde queda a praza, este lado (oeste) está ocupado totalmente pola Biblioteca (Libraría) deseñada por Jacopo Sansovino para albergar a Biblioteca Marciana (Biblioteca de San Marcos). Comezouse a construír en 1537 e ampliouse, trala morte de Sansovino, por Vincenzo Scamozzi en 1588-1591. O edificio, en palabras de Palladio, era "a estrutura máis magnífica e ornamentada construída desde a antigüidade".Boucher p.24, citing Palladio's I Quattro Libri dell'Architettura (1570), A galería continúa ata o final do edificio con cafés e tendas e tamén as entradas do Museo Arqueolóxico, a Biblioteca Marciana e a Biblioteca Nacional, que ocupan os pisos superiores.

miniatura|dereita|250px|A Biblioteca deseñada por Sansovino e as dúas columnas da Piazzetta, vista desde a lagoa

No final deste edificio está o Molo (o peirao fronte da lagoa) e o edificio contiguo á dereita é a Zecca (casa da moeda) tamén de Sansovino (terminado en 1547), e que agora forma parte da Biblioteca Marciana. Virando para a esquerda, ao final da Biblioteca, cruzando o extremo aberto da Piazzetta, destacan dúas grandes columnas de granito que levan símbolos dos dous patróns de Venecia. O primeiro é San Teodoro, o patrón da cidade antes de San Marcos, que sostén unha lanza encima dun crocodilo para representar o dragón que se dicía que matara. Este componse de partes de estatuas antigas e é unha copia (o orixinal consérvase no Palacio Ducal). A segunda columna (este) ten unha criatura que representa un león con ás - o León de Venecia - que é o símbolo de San Marcos. Isto ten unha longa historia, probablemente empezou como ás do león-grifón nun monumento ao deus Sandon en Tarso en Cilicia (sur de Turquía) o 300 aC.See The Bronze Lion of St Mark by Bianca Maria Scarfi in The Lion of Venice pp.31-124 Crese que as columnas se erixiron arredor de 1268,San Marco, Byzantium and the Myths of Venice p.79 and note 10 on p.10, cando a auga estaba máis cerca, e estarían á beira da lagoa, encadrando a entrada para a cidade desde o mar. As apostas estaban permitidas no espazo entre as columnas e dise que este dereito foi concedido como unha recompensa ao home que levantou por primeira vez as columnas.Sansovino p.316 As execucións públicas tamén levábanse a cabo entre as columnas.

No lado oposto da Piazzetta atópase a parede lateral do Palacio Ducal con arcadas góticas ao nivel do chan e unha galería no piso de arriba. Ata a sétima columna da parte dianteira é o edificio construído en 1340, mentres que a extensión cara á basílica se engadiu en 1424. Os capiteis das columnas da parte ampliada na súa maioría son copias dos que están na parte frontal do palacio. A sétima columna está marcada por un tondo (escultura circular) de Venecia como a Xustiza por encima da galería do primeiro piso. Á esquerda disto, hai dúas columnas vermellas en fronte da primeira galería baixa, en contraste coas outras columnas que son de pedra branca de Istria. As columnas vermellas están feitas de mármore vermello de Verona. É posible que encadrasen a cadeira do Dux nas ocasións cerimoniais, pero parece que os malfeitores importantes atopados culpables de delitos contra o Estado ás veces eran executados alí.

Na esquina traseira do Palacio Ducal hai unha escultura do Xuízo de Salomón co arcanxo Gabriel encima. Non se coñece os escultores. Situado detrás desta esquina queda a Porta della Carta, a entrada cerimonial do palacio, construída en estilo gótico entre 1438-1443, probablemente por Giovanni e Bartolomeo Bon. Unha vez máis, na parte superior hai unha figura de Venecia como a Xustiza. O tema do xuízo xusto e a xustiza destacan neste lado do palacio. Debaixo deste, o dux Francisco Foscari e o león, diante o que está de xeonllos, foron substituídos en 1885 - os orixinais foran destruídos por ordes francesas en 1797. As estatuas a ambos os dous lados da porta de entrada representan as virtudes cardinais da temperanza, a fortaleza, a prudencia e a caridade.

Xunto a isto, nunha esquina exterior da basílica de San Marcos, atópanse catro figuras antigas talladas en pórfiro, granito vermello moi duro. Polo xeral, son coñecidos como os Tetrarcas, e dise que representan os catro gobernantes do Imperio Romano designados por Diocleciano - antigamente críase que eran exipcios.Macadam p.67 Na actualidade considérase probable (ou, polo menos moi posible) que representen aos fillos do emperador Constantino.

Para alén disto, en fronte da parede sur da basílica hai dúas columnas rectangulares coñecidas como as columnas de Acre. Pensouse que eran un botín tomado polos venecianos en Acre logo da súa gran vitoria sobre os xenoveses en 1258. Porén, as columnas na realidade procedían da igrexa de San Poliecto en Constantinopla (524-7), e foron probablemente tomadas polos venecianos logo da cuarta cruzada en 1204. Descubríronse as ruínas desta igrexa en 1960 e foi escavada na década de 1990, cando se atoparon os capiteis que correspondían coas columnas.San Marco, Byzantium and the Myths of Venice pp.52-4, 64, 71-3 and 134-5

Máis aló destas columnas, en fronte da esquina da basílica, hai unha gran pedra circular de pórfiro vermello, coñecida como a Pietra del Bando (pedra dos bandos), que se utilizaba para ler os bandos oficiais. Suxeriuse que podía formar parte dunha columna na que estaban os chamados Tetrarcas.San Marco, Byzantium and the Myths of Venice p.64

Alén da auga (o Bacino di San Marco) ao final da Piazzetta pódese ver a illa de San Giorgio Maggiore e a fachada branca e brillante da igrexa de Palladio.

Historia