O pobo sentinelés é un pobo indíxena das illas Andaman, na Baía de Bengala. Habitan na illa Sentinela do Norte. Os sentineleses son unha sociedade cazadora-recoletora que subsiste da caza, a pesca e a recolección de plantas. Non existen evidencias de prácticas agrícolas ou métodos de produción de lume. A súa lingua permanece sen clasificar e non é mutuamente intelixible coa jarawa, os seus veciños máis achegados. Os sentineleses rexeitan calquera contacto con outra xente, e están entre últimos pobos illados que non foron contactados pola civilización moderna.

Notas

Categoría:Grupos étnicos da India