Bebel García García, nado en Ribadeo en 1914 e finado na Coruña o 29 de xullo de 1936, foi un futbolista e político galego.Ventureira, Rubén: "Bebel García era un destacado socialista. «Muy buen chico y buen delantero», recuerda García Vizoso, que jugó con él" La Voz de Galicia, 24/9/2008 .

Traxectoria miniatura|200px Fillo de José García Iglesias, naceu en Ribadeo, trasladándose logo coa súa familia á Coruña, onde el e os seus sete irmáns eran coñecidos como "Os da lexía", porque seu pai montou na cidade un negocio de fabricación e venda de lixivia. Ademais do negocio familiar adicouse ao fútbol, debutando no Deportivo da Coruña en setembro de 1932, no primeiro partido da tempada 1932/33 do Campionato de Galicia, que enfrontaba no campo de Riazor ao equipo coruñés co Eiriña. Disputou esa tempada e outra máis co equipo herculino, despois xogou co Club Coruña e logo pasou polo Granada, chamado por aquel entón Recreativo Granada. En 1935 volveu finalmente ao Deportivo.

Militante das Juventudes Socialistas da Coruña, incorporouse ás Juventudes Socialistas Unificadas. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da cidade da Coruña fronte aos sublevados, transportando milicianos a puntos defensivos e levando feridos e alimentos ao hospital Labaca. Foi detido o 25 de xullo en Guitiriz, cando tentaba chegar a Asturias, e foi encarcerado na prisión provincial da Coruña. Xulgado por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e executado en Punta Herminia xunto co seu irmán France. Un terceiro irmán, Jaurés, tamén foi encarcerado, e aínda que non foi fusilado nun principio por ser menor de idade, finalmente apareceu morto no Campo da Rata, mentres o trasladaban de prisión. Pepín, outro dos irmáns, foi xulgado por sedición, pero conseguiu fuxir, uniuse á loita contra as tropas franquistas, perdeu unha perna na batalla de Brunete e finalmente exiliouse na Arxentina.

Enterramento Unha investigación realizada por Rubem Centeno concluíu que os seus restos foron depositados nunha foxa común do cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Nesa foxa guindáronse os cadáveres doutras duascentas cincuenta persoas, paseadas no Campo da Rata da Coruña entre agosto de 1936 e os primeiros meses do 1937.

Recoñecementos Eduardo Galeano adicoulle un relato dentro do seu libro Espejos. Una historia casi universal, en 2008. A coruñesa rúa "Hermanos de la Lejía" chámase así en memoria de Bebel e os seus irmáns.

No verán de 2018 a Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz rendeulles homenaxe cunha serie de actos, entre eles a inauguración dunha escultura conmemorativa na parroquia de Santa Mariña, realizada polo escultor Xosé Val Díaz.miniatura|200px|Monumento aos represaliados polo franquismo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión, Ediciós do Castro.

Outros artigos

José García García

José García Iglesias Vítimas da Guerra Civil en Galicia Ligazóns externas .

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1914 Categoría:Futbolistas de Ribadeo Categoría:Xogadores do Granada CF B Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Club Coruña