A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra naceu como unha reunión de amigos da música, baixo a presidencia de Antón Losada Diéguez. O grupo inicial estaba integrado por Antonio Iglesias Vilarelle, Joaquín Maquieira Fernández, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Álvaro Losada, Antonio Blanco Porto, Vicente Barreiro Viñas, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro. A súa primeira presentación pública tivo lugar o 9 de abril de 1925, Xoves Santo, na igrexa de San Francisco de Pontevedra,Larriba, E.: «La colaboración del Conservatorio es fundamental en el resurgir de la Coral» La Voz de Galicia, 12/4/2015. cun concerto de música sacra que se repetiu ao día seguinte na Basílica de Santa María a Maior. O primeiro concerto no Teatro Principal de Pontevedra celebrouse o 23 de marzo de 1926. Desde os seus inicios, a Sociedade mantivo a orientación artística proposta polos fundadores, baseada na polifonía clásica profana, a polifonía sacra e as melodías populares adaptadas a unha interpretación polifónica depurada. et al.: "Coral Polifónica de Pontevedra" in Gran Enciclopedia Galega.
Historia O coro fundacional estaba formado por corenta voces masculinas, dezaseis femininas e dezaseis voces infantís. A comisión organizadora estaba integrada por Vicente Barreiro Viñas, Antonio Blanco Porto, Antonio Iglesias Vilarelle, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro.
A dirección musical correu inicialmente a cargo de Antonio Blanco Porto, entre 1925 e 1940. Sucedeuno Antonio Iglesias Vilarelle, que permaneceu á fronte da agrupación durante vinte e catro anos. Posteriormente asumiu a dirección Manuel Fernández Cayeiro, entre 1964 e 1967. En 1968 fíxose cargo dela Agustín Bertomeu Salazar, director da banda de música da Escola Naval Militar de Marín, ao que sucedeu José A. Sánchez Rodríguez. En maio de 1980 asumiu a batuta Xosé Verea Montero, que permaneceu no cargo ata outubro de 1998, cando Manuel Fernández Cayeiro volveu facerse cargo da agrupación, con Raimunda Lusquiños Abal como directora adxunta. Posteriormente dirixiu a coral Marlene Armentero Cutiño e, finalmente, asumiu a dirección Nanette Sánchez Ordaz."Concierto a cargo de la Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra…" 10/12/2015 .
Ao longo da súa historia desempeñaron a presidencia da Sociedade destacadas personalidades da vida cultural do país, entre elas Castelao, José Blein Llinás, Vicente Riestra Calderón, Augusto García Sánchez, Xosé Fernando Filgueira Valverde e Xosé Carlos Valle Pérez. Castelao, ademais de exercer a presidencia, foi escenógrafo e autor do emblema da entidade.Sociedad Polifónica de Pontevedra. Director Antonio Blanco Porto. Presentación escénica de Castelao 1930, en Galiciana.
Ao longo da súa traxectoria actuou en numerosas localidades de Galicia, así como en Portugal, Madrid, Bilbao, León, Oviedo, Santander, Burgos, Salamanca, Toledo e Lourdes. A súa actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra.
Centenario (1925-2025)
En 2025 a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra conmemorou o centenario da súa fundación mediante un programa de actividades culturais e musicais que se prolongou durante 2026. A celebración reuniu concertos, exposicións, actos institucionais e outras iniciativas destinadas á recuperación e divulgación da historia e do patrimonio musical da Sociedade.«Centenario», Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra.
Entre os principais actos do centenario figurou a exposición Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia, celebrada no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra entre o 14 de marzo e o 20 de abril de 2025 e comisariada por Xosé Carlos Valle Pérez.«Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia», Museo de Pontevedra.
Correos dedicou ao centenario un selo da serie «Efemérides», emitido o 26 de marzo de 2025 cunha tiraxe de 70.000 exemplares.«Resolución de 12 de febreiro de 2025 [... “Efemérides.-2025. Centenario de la Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra”»], Boletín Oficial del Estado, 26 de febreiro de 2025. O selo foi presentado oficialmente o 8 de abril no Museo de Pontevedra, no marco da exposición conmemorativa.«Correos presenta un sello dedicado a la Coral Polifónica de Pontevedra», Correos, 8 de abril de 2025.
O 9 de abril de 2025, exactamente cen anos despois da súa primeira presentación pública, a Sociedade regresou á igrexa de San Francisco de Pontevedra para ofrecer o concerto do centenario. Para a ocasión recuperou parte do programa de música sacra interpretado no mesmo lugar o 9 de abril de 1925.«Rafa Domínguez asiste ao concerto do centenario da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra», Deputación de Pontevedra, 9 de abril de 2025.«El mismo concierto, cien años después», Faro de Vigo, 10 de abril de 2025.
A conmemoración estivo acompañada de diversos recoñecementos. En xuño de 2025 a Sociedade foi unha das entidades distinguidas nos premios Pontevedreses do Ano, organizados polo Diario de Pontevedra.«Décimo oitava edición dos premios Pontevedreses do Ano», Deputación de Pontevedra, 4 de xuño de 2025. Nese mesmo ano recibiu o Premio Otero Pedrayo e a Real Academia Galega de Belas Artes concedeulle a Medalla de Ouro «Marcial del Adalid» en recoñecemento á súa traxectoria centenaria.«Entrega da Medalla de Ouro “Marcial del Adalid” á Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra», Real Academia Galega de Belas Artes, 12 de decembro de 2025.
Os actos vinculados ao centenario prolongáronse en 2026. O 23 de marzo, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra presentaron no Auditorio da sede de Afundación en Pontevedra Leucoíña. O canto das augas, obra de Brais González.«Voces dos Ermos», Deputación de Pontevedra, 18 de marzo de 2026.
Recoñecementos miniatura|300px|A sociedade en 1930. Ao longo da súa historia, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra recibiu numerosos recoñecementos institucionais, culturais e artísticos. Entre os máis destacados figuran:
Primeira Medalla de Prata da cidade de Pontevedra (1951), concedida polo Concello de Pontevedra con motivo do 25.º aniversario da Sociedade. Primeira Medalla de Prata de Santa Cecilia de Marín (1959), concedida pola Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia de Marín, actual Ateneo Santa Cecilia. Premio Amigos de Pontevedra (1975), concedido pola Asociación de Amigos de Pontevedra no ano das Vodas de Ouro da Sociedade. Colaboradora de Honra da Asociación Española de Escritores de Turismo (AEDET). Medalla de Prata das Rutas Cicloturísticas do Románico. Premio Cidade de Pontevedra 2000, concedido polo Concello de Pontevedra polo seu labor de recuperación e difusión da música e do canto coral e pola súa contribución á identidade cultural da cidade. Diploma de Amigos de Pontevedra (2022). Selo conmemorativo do centenario (2025), emitido por Correos e a Fábrica Nacional de Moneda e Timbre dentro da serie «Efemérides». Pontevedreses do Ano — Música e Cultura (2025), concedido polo Diario de Pontevedra. Premio Otero Pedrayo 2025, concedido polas catro deputacións galegas e a Fundación Otero Pedrayo. Medalla de Ouro «Marcial del Adalid» (2025), concedida pola Real Academia Galega de Belas Artes pola traxectoria centenaria da Sociedade e a súa actividade artística. Vieira de Honra á Calidade Artística (2026), concedida pola Fundación Cultural da Vieira e a Enxebre Orde da Vieira pola súa traxectoria e pola súa contribución á difusión da música coral galega e da galeguidade.
A relación histórica de premios, medallas e homenaxes pode consultarse na páxina de distincións da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra.
Gravacións A súa discografía inclúe, entre outras, as seguintes gravacións:
Canciones Gallegas, Regal, 1958 (reeditado en 1970):Imaxes do disco Canciones Gallegas: 1 "Si Vas A San Benitiño" 2 "Non Te Namores, Meniña" 3 "Vexo Vigo, Vexo Cangas" 4 "Tres Cantigas de Pontevedra" 5 "Negra Sombra"15px ""Negra Sombra", Coral Polifónica de Pontevedra, 1958 en YouTube. 6 "O Neno Ten Soniño" 7 "Camiña Don Sancho" 8 "Os Anxeliños Da Groria"
Canciones Gallegas, EP, Regal, 1958: 1 "Si Vas A San Benitiño" 2 "Os Anxeliños Da Groria" 3 "Non Te Namores, Meniña" 4 "O Neno Ten Soniño"
Canciones Gallegas, single, Regal, 1958: 1 "Negra Sombra" 2 "Vexo Vigo, Vexo Cangas" 3 "Tres Cantigas de Pontevedra"
Música religiosa, Regal, 1958:Imaxes do disco Música religiosa: 1 "O Magnum Mysterium" (motete)15px "O Magnum Mysterium", Coral Polifónica de Pontevedra, 1958 en YouTube. 2 "Vere Languores Nostros" 3 "Cantigas de Santa María, nº 65" 4 "Peccantem me Quotidie" 5 "Crux Fidelis"
Canciones y madrigales, Regal, 1958: 1 "Cantigas de amigo. Canción de la enamorada. Ondas do mar de Vigo" 2 "Toda mi vida os amé" 3 "Il bianco e dolce gigno" 4 "En Ávila mis ojos" 5 "Con qué la lavaré" 6 "Al amor quiero vencer" 7 "Madre, la mi madre" 8 "Occhi manza mía"
Galicia canta, 1971: 1 "Si vas a San Benitiño" 2 "Non te namores, meniña" 3 "Vexo Vigo, vexo Cangas" 4 "Tres cantigas de Pontevedra" 5 "O neno ten soniño" 6 "Con qué la lavaré" 7 "Cantigas de amigo" 8 "Negra sombra" 9 "Camiña Don Sancho" 10 "Os anxeliños da Groria" 11 "Al amor quiero vencer" 12 "Madre, la mi madre "
60 Aniversario de su fundación (1925-1985), 1986: 1 "Say love" 2 "Con que la lavaré" 3 "Contrapunto bestialle alla mente" 4 "Quand mon mari" 5 "Dezilde al caballero" 6 "April is in my mistress' face" 7 "Mascheratta di Villamella" 8 "La estrella del pastor" 9 "Romance do conde de Arcos" 10 "Tres cantigas de Pontevedra" 11 "Quen me dera en Lobeira" 12 "Terra nobre, arumada e frondente" 13 "Ábreme a portiña" 14 "O meu pandeiriño"
Fonoteca 92 n.º 6 El Correo Gallego, 1992: 1 "Ábreme a portiña" 2 "O meu pandeiriño" 3 "Quen me dera en Lobeira" 4 "Coita" 5 "Si vas a San Benitiño" 6 "Con qué la lavaré" 7 "Dezidle al caballero" 8 "La estrella del pastor" 9 "Contrapunto bestiale alla mente" 10 "Hiver" 11 "Quand mon Mari"
Fonoteca 92 n.º 70 El Correo Gallego, 1992:(coa Banda de Música da Escola Naval de Marín) 1 "Pedro Madruga" 2 "Caro Final" 3 "Lucia di Lammemoor" 4 "Cantata nº 147 - Coral nº 10" 5 "Cantata nº 140 - Coral nº 7" 6 "Tamnhauser Obertura"
75 Aniversario, 2000: 1 "Say, love" 2 "En Ávila del Río" 3 "Matona mía cara" 4 "Ay, linda amiga" 5 "Il bianco e dolce cigno" 6 "Ave María" 7 "Ecce quomodo moritur" 8 "O sacrum convivium" 9 "O vos omnes" 10 "O magnum misterium" 11 "Romance do Conde D'Arcos" 12 "Tres cantigas de Pontevedra" 13 "Quen me dera en Lobeira" 14 "Romance Ábreme a portiña" 15 "Tres cantigas" 16 "Non te namores meniña" 17 "Si vas a San Benitiño"
Unha Voz na Polifonía Europea, Ouvirmos, 2003: 1 "Prende Salgueiriño" 2 "Romance de Doña Alda" 3 "Camiña Don Sancho" 4 "Canto du Ourense" 5 "O magnum mysterium" 6 "Vere languores nostros" 7 "Cantigass de Santa María nº 65" 8 "Pecarem me quotidie" 9 "Crux fidelis" 10 "Cantigas de amigo" 11 "Toda mi vida os amé" 12 "Il bianco e dolce cigno" 13 "En Ávila mis ojos" 14 "Con qué la lavaré" 15 "Al amor quiero vencer" 16 "Madre, la mi madre" 17 "O occhi manza mía" 18 "Si vas a San Benitiño" 19 "Non te namores, meniña" 20 "Vexo Vigo, vexo Cangas" 21 "Tres cantigas de Ponte Vedra" 22 "Negra sombra" 23 "O neno ten soniño" 24 "Camiña Don Sancho" 25 "Os anxeliños da groria"
Ademais, participou nas recompilacións Galicia y su música (1985) e A gran escolma da música galega: coros (1993), nas que interpretou "Si vas a San Benitiño" e "Vexo Vigo, vexo Cangas".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra. 50 aniversario de su fundación (1925-1975), Deputación Provincial, ISBN 84-500-6779-0.
Outros artigos
Museo de Pontevedra Coral Polifónica El Eco
Ligazóns externas
Discografía en Galizaenmusica.blogspot.com.es Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra
Categoría:Corais polifónicas de Galicia Categoría:Pontevedra