O masacre de Columbine foi un tiroteo nun colexio que ocorreu o 20 de abril de 1999, no instituo de Columbine, no estado de Colorado. Ademais do tiroteo, o plan incluía un ataque con bombas para facer estoupar os extintores, con tanques de propano dispostos na cafetería e 99 dispositivos explosivos. Os perpretadores foron os estudantes Eric Harris e Dylan Klebold, que asasinaron 12 alumnos e un mestre. Tamén feriron outras 21 persoas, e tres máis que resultaron feridas cando tentaban escapar do colexio. Despois, ámbolos dous cometeron suicidio.
Malia que os motivos non quedaron claros, crese que pretendían rivalizar e superar o atentado de Oklahoma City, así como outros incidentes mortais que ocorreron nos Estados Unidos na década de 1990. O ataque foi descrito polo USA Today como un "ataque suicida [que foi] planeado como un ataque terrorista de bombardeos errado." O masacre foi considerado como o máis "sanguento tiroteo na historia dos Estados Unidos."
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bowling for Columbine Ligazóns externas Columbine Review Commission Report Video of the evacuation in progress, Second video of the evacuation (KUSA-TV (9News) news coverage via CNN) aColumbine Site Columbine Memorial
Categoría:Atentados terroristas nos Estados Unidos de América Categoría:1999 Categoría:Colorado Categoría:Historia dos Estados Unidos de América