Pseudochondrostoma duriense é unha especie de peixe teleósteo da familia dos ciprínidos. É endémica do noroeste da Península Ibérica.

Descrición Trátase dunha especie de talle medio que non adoita acadar os 50 cm de lonxitude total. A apertura bucal é infera e recta cun beizo inferior groso que presenta unha lámina córnea. As aletas dorsal e anal presentan 8 radios ramificados, en ocasións 9. Ten entre 63 e 74 escamas na liña lateral. O número de dentes farínxeos é de 5-5 e o de branquiespiñas de 12 a 24. O corpo adoita estar pigmentado con pequenas manchas negras que son máis evidentes nas poboacións de Portugal e Galicia.

Véxase tamén Bibliografía Doadrio, I. (ed.). 2002. Atlas y libro rojo de los peces continentales de España. Madrid. Dirección General de la Conservación de la Naturaleza. CSIC. Museo Nacional de Ciencias Naturales. 374 pp.

Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Animais descritos en 1985