Xosé Manuel Aldea Moscoso, nado en Vigo en 1964, é consultor cultural e editor, na actualidade director de Ouvirmos.
Traxectoria miniatura|dereita|Equipo do Culturgal 2014. Traballou como mecánico de Renfe en Ourense. Estableceuse en Bade (Vilamaior, Sarria) onde montou unha gandaría ecolóxica de carne coa súa muller. Socio fundador en 2003 e director da editorial e consultoría cultural Ouvirmos. Foi coordinador xeral e director da feira Culturgal desde 2013 a 2021 e forma parte do Padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro en calidade de director técnico. Foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores desde 2014 até 2016 e membro desde o 2008 da Asociación Galega de Empresas Musicais..
Desde finais dos anos 1980 participa como promotor e activista cultural en organizacións non gobernamentais relacionadas coa lingua e a cultura. No ano 1998 encargouse da produción executiva de A feira das mentiras, o macroespectáculo galego de Manu Chao, realizado en Santiago de Compostela. En 2007 foi administrador solidario de Lonxa Cultural, primeira distribuidora dixital de produtos musicais galegos. Coordinou por encargo da Xunta de Galicia a programación das actividades da delegación galega na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires (2016). Exerceu de director no Teatro Colón da Coruña na temporada 2017/2018. No ano 2019 realizou o deseño, conceptualización e xestión de Audacia: Festival de Artes e emprendementoAudacia, Festival de Artes e emprendemento para a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
Director de Culturgal durante dez anos, correspondéndose con 9 edicións da Feira, de 2013 a 2021 ambas incluídas.
Para o Concello da Coruña exerce de asesor externo e coordinador de actividades no "2022. Ano Internacional María Casares". Na actualidade con Ouvirmos xestiona, ao gañar o respectivo concurso público, as actividades da Cidade da Cultura.
Premios Premio da crítica de Galicia, 2008 (modalidade de música). Ouvirmos Colección A Tiracolo. Premio á mellor iniciativa editorial, 2009. Ouvirmos Fotobiografías Sonoras. Asociación Galega de editores Premio ao mellor libro educativo, 2013. Ouvirmos Colección Cociña infantil e familiar. Asociación Galega de editores. Premio á obra editorial do ano 2013, 2014. Ouvirmos Colección Cociña infantil e familiar. Federación de Librarías de Galicia. Culturgal é seleccionado entre os tres mellores proxectos de industrias culturais e creativas do ano 2020 polo Ministerio de Cultura.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entevista ZigZag TVG
Entrevista na TVG
Categoría:Xestores culturais de Galicia
Categoría:Editores de Galicia
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1964