Luís Tato Vento,Nalgúns lugares o seu segundo apelido aparece como Ventos, trátase dun erro de transcrición segundo se informa documentadamente no blog La niña del exorcista nado na Coruña o 25 de marzo de 1907 e finado en Cambre o 19 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Empregado de Arbitrios. Foi elixido vicepresidente da Juventud Republicana da Coruña en xaneiro de 1932.El Pueblo Gallego, 17-1-1932, p. 5. Militante das Juventudes Socialistas da Coruña, dirixiu o seu voceiro Joven Socialista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e asasinado en Cambre o 19 de setembro de 1936. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Venancio Seoane García e outros
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos