A igrexa de Borgund (en noruegués , en noruegués ) é unha igrexa parroquial que se atopa na vila de Borgund, no concello noruegués de Lærdal do condado de Sogn og Fjordane. Pertence á parroquia de Borgund e á diocese de Bjørgvin.

Historia Con capacidade para 175 persoas, de madeira e de cor vermella, a igrexa construíuse en 1868 para substituír a antiga igrexa de madeira de Borgund, que ficara moi pequena para dar servizo á parroquia e que aínda se atopa ao seu carón. A nova igrexa foi consagrada o 28 de agosto de 1868 polo pastor Henning Frimann Dahl.

A Asociación de Preservación de Monumentos Antigos de Noruega (Fortidsminneforeningen) pagou dous terzos dos cartos que se precisaron para a súa construción a cambio de xestionar a igrexa vella, que acabou convertida en museo.

miniatura|esquerda|250px|As dúas igrexas de Borgund. Notas

Categoría:Igrexas de Noruega