Joseph Gibson Fry nado o 26 de outubro de 1915 en Chipping Sodbury e finado o 29 de xullo de 1950, no circuíto de Blandford foi un piloto de carreiras británico e membro afastado da familia do Chocolate FRY. Converteuse no principal impulsor do exitoso Shelsley Special "Freikaiserwagen", creado polo seu primo David Fry e Hugh Dunsterville, coa axuda de Dick Caesar. O coche orixinal foi construído en Bristol en 1936 e contaba cun motor Anzani que foi substituído en 1937 por un motor Blackburne.Motor Sport, xullo 1940, Page 124-125. Joe estableceu unha serie de marcas en subidas durante os anos finais da década de 1930 que inclúe unha marca absoluta non oficial en Prescott cando subiu en 47.62 segundos no Freikaiserwagen de 1100 cc, o 27 de agosto de 1938.Motor Sport, maio 1946, Page 92.

Ao final da segunda guerra mundial Fry retomou as carreiras contra reloxo de montaña ou cronoescaladas, no Freikaiserwagen, logrando algún bo resultado.

Fry morreu ao volante do Freikaiserwagen na subida a Blandford de 1950, dous meses despois de pilotar un Maserati 4CL no Gran Premio do Reino Unido de 1950 en Silverstone. Raymond Mays dixo: "A morte de Joe Fry, polas feridas recibidas durante a práctica da subida a Blandford, foi un gran golpe para min e para o deporte do motor británico en xeral."Split Seconds: My Racing Years, by Raymond Mays "ghosted" by Dennis May, G.T. Foulis & Co. Ltd. 1952, Page 293.

Bibliografía O libro da historia completa do "Freikaiserwagen" chámase "Freik - The Private Life of the Freikaiserwagen" (Freik - A vida privada do Freikaiserwagen) de Rob e Hugh Dunsterville publicado en 2008 e reeditado en 2009. Só foron impresas 1000 copias.

Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Puntos Joe Fry Maserati 4CL Maserati 4 en liña GBR10* MON 500 SUI BEL FRA ITA NC 0

* Indica unidade compartida con Brian Shawe-Taylor

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Joe Fry profile at The 500 Owners Association Freik The Private life of the Freikaiserwagen

Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati