Pedro Periáñez, nado en Babilafuente (provincia de Salamanca) cara a 1560 e finado en Santiago de Compostela en 1613, foi un compositor de música sacra.
Traxectoria Sábese que foi mestre de capela en Almería até setembro de 1577, cando aprobou as oposicións ao maxisterio de Málaga. O 28 de outubro de 1583 tomou a praza de cóengo-mestre de capela na Catedral de Santiago de Compostela, sucedendo a Villar de Heceso. Tras a súa morte tomou o posto Antonio Carreira.
A súa obra é menor en canto a importancia, mais a súa relevancia estriba no prolífico desta, xa que escribiu con abundancia. Os seus traballos atópanse espallados polas catedrais para as que os compuxo.
Obras Ave Domina Maria, a 5 voces. María Virgo. Panxoliñas. Te Deum. Gloria in excelsis.
Notas
Categoría:Compositores Categoría:Nados en 1560 Categoría:Finados en 1613 Categoría:Nados na provincia de Salamanca