Ediciones Akal é unha editorial española, fundada en Madrid en 1972 por Ramón Akal González. Consta dun catálogo de máis de tres mil títulos en corenta coleccións abranguendo tódolos campos das humanidades. A iso engade a edición de textos clásicos e coleccións de literatura contemporánea, ademais dunha colección de dicionarios. Ao mesmo grupo pertencen: Istmo, Foca, H. Blume e Siglo XXI de España Editores, adquirida en 2010.
En 2010 recibiu ex aequo, canda Editorial Alba, o Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Colección Arealonga Ligazóns externas Ediciones Akal
Categoría:Editoriais de España