Estrella distante é a cuarta novela do escritor chileno Roberto Bolaño, publicada orixinalmente en outubro de 1996 pola colección «Narrativas hispánicas» da Editorial Anagrama, e dende novembro de 2000 pola colección «Compactos», co mesmo número de páxinas pero trocando a súa portada e deseño.

Este foi o primeiro libro de Bolaño editado por Jorge Herralde, propietario de Anagrama, con quen comezaría dende entón unha estreita amizade e unha prolífica relación laboral, publicando nesta editorial cando menos un libro cada ano até 2003, o ano da súa morte.

O libro está dedicado á súa nai, Victoria Ávalos, e ó seu primeiro fillo, Lautaro Bolaño. Segundo o propio autor, nesta novela tenta «una aproximación, muy modesta, al mal absoluto».

Carlos Wieder, o «infame» protagonista da novela, está baseado nun personaxe real. Bolaño coñeceu a súa historia a través do artista chileno Jaime Rivera.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Estrella distante en Memoria chilena

Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 1996