O décimo sétimo concilio ecuménico da Igrexa católica comezou en Basilea o 23 de xullo de 1431. Trasladado por Uxío IV a Ferrara en 1437 após a Florencia en 1439, terminose en Roma en 1441.
Basilea thumb|Basilea polo ano 1490. O concilio de Constanza (1414-1418) resolveu a crise do Gran Cisma de Occidente. O seu decreto Frequens do 9 de outubro de 1417 declarouno institución permanente da Igrexa, polo que se debía reunir periodicamente e tiña a función de controlar o papadoLes tribulations de l'ecclésiologie à la fin du Moyen Age, par Stefan Swieżawski Éditions Beauchesne, 1997 (ISBN 2701013518 et 9782701013510).. O concilio de Pavia-Siena, aberto en 1423, revelouse infrutuoso e disolveuse axiña a primeiros do ano seguinte. O asunto da reforma volveuse enviar ao concilio xeral que se debía realizar sete anos despois, e para o cal o papa Martiño V designou a cidade de BasileaHistoire de l'Église, par François Joseph Xavier Receveur..
A apertura do concilio de Basilea preveuse para o 3 de marzo de 1431 ; Martiño V morrera pouco antes, Gabriele Condulmer foi elixido papa ese mesmo día e adoptou o nome de Uxío IV. Giuliano Cesarini, cardeal de Sant'Angelo e legado en Alemaña tivo que presidir o concilio, mais ningún prelado arribara aínda a Basilea e o concilio abriuno Xoán de Palomar, capelán do papa, e Xoán de Ragusa, procurador xeral dos dominicanos, delegados polo cardeal Cesarini o 23 de xulloDictionnaire universel et complet des conciles tant généraux que ..
Primeiro conflito co papa O 14 de decembro o concilio declarouse superior ao papa e confirmou o decreto Frequens emitido en ConstanzaTraicté de la différence des schismes et des conciles de l'Église, par Jean Lemaire de Belges, Jennifer Britnell Edit. Librairie Droz, 1997 (ISBN 2600002308 et 9782600002301). O 18 de decembro, Uxío IV, so pretexto dunha escasa participación, disolveu o concilio de Basilea e transferíuno a Boloña, mais co apoio do emperador Sexismundo I, as sesións continuaron.
O 29 de abril de 1432, os padres conciliares esixiron ao papa que revogase a bula de disolución, so ameaza de proceder «segundo o dereito divino e humano, polo ben da Igrexa». O concilio abriu un proceso contra o papa o 6 de setembro seguinteCours d'histoire des états européens, par Frédéric Schoell, Franz Xaver Zach Edit. Duncker et Humblot, 1830.. O 13 de xullo de 1433 o concilio retirou ao papa o dereito de conferir es altas dignidades eclesiásticas e deulle sesenta días para retractarseDictionnaire géographique de la Bible, par Augustin Calmet, 1847.. O 29 de xullo, o papa declarou nulo e improcedente canto decidese o concilio en contra delHistoire Universelle de l'Église Catholique, par René François Rohrbacher Edit. Gaume frères, 1858..
O 15 de decembro de 1433, Uxío IV debeu recoñecer a nulidade da súa decisión e a lexitimidade do concilio mediante a bula Dudum SacrumHistoire de l'empire d'Autriche, par Karl Heinrich Joseph Coeckelberghe-Duetzele Edit. C. Gerold, 1845.. O 26 de xuño de 1434 o concilio reafirmou solemnemente a súa superioridade respecto do papaVraie histoire des conciles, par Jean Louis Schonberg Edit. La Baconnière, 1962..
Os Compacta: acordo cos husitas moderados En Bohemia, a nova cruzada contra os husitas convocada polo papa Martiño V estalou en agosto de 1431Histoire de la guerre des Hussites et du Concile de Basle, par Jacques Lenfant Edit. Pierre Humbert, 1731.. O concilio de Basilea mostrouse pronto a negociar o 15 de outubro, o que lle deu á curia romana un motivo de oposición contra o concilio, que volvera revisar a condena dos husitas en Constanza.
O 6 de xaneiro de 1433 a delegación husita chegou a Basilea e o 16 introduciu a discusión sobre a Declaración dos Catro Artigos. As negociacións non deron resultado e decidiuse proseguilas en Praga. Os utraquistas e os máis moderados dos taboritas reformularon os Catro Artigos que os limitaran só á comuñón das dúas especies. O 30 de novembro, unha delegación do concilio asinou en Praga uns Compacta (acordos) negociados coa delegación husita (predicación libre, utraquismo, corrección pública dos pecados, aceptación das secularizacións xa efectuadas). Os husitas moderados ratificaron os Compacta na dieta de Praga o 2 de xaneiro de 1434. Os máis extremistas, os taboritas, rexeitaron os acordos, mais foron batidos por un exército de baróns e de praguenses (moderados) o 6 de maio e finalmente foron esmagados na batalla de Lipany o 30 de maio. O seu líder, Procopio Holy, morreu nela. O concilio non recoñeceu os Compacta ata 1435Le concile de Basle par Jonathan Beck, 1979., mentres que o papa refusou ratificalos.
O cisma e a crise conciliar left|thumb|O papa Uxío IV, contornado de prelados, entre eles Enea Silvio Piccolomini, secretario do antipapa Fiz V, reunido con Uxío IV en 1445, fresco de Pinturicchio. As catorce primeiras sesións do concilio de Basilea desenvolvéronse do 15 de febreiro de 1432 ao 14 de novembro de 1433. A partir da sesión dezaseis (5 de febreiro de 1434), após a reconciliación co papa, o concilio deveu verdadeiramente canónico. Mais a partir da sesión trinta e sete, do 25 de xuño de 1439, o concilio deveu cismático.
O 18 de setembro de 1437, o papa Uxío IV, argüíndo a necesidade de ter un concilio de unión cos ortodoxos, transferiu o concilio de Basilea a Ferrara. Só quedaron en Basilea os extremistas, que suspenderon Uxío IV e designaron como novo papa o conde de Savoia, Amadeo VIII. Foi entronizado o 23 de xullo de 1440 na catedral de Lausana co nome de Fiz VNouvelle encyclopédie théologique Edit. Jacques Paul Migne, 1854.. Os padres conciliares de Basilea separáronse na sesión 45, o 16 de maio de 1443, prevendo a celebración dun novo concilio xeral en Lión tres anos despois.
O núcleo duro dos prelados cismáticos quedou en Basilea. O antipapa non recrutou máis que uns poucos adherentes ademais dos seus propios estados hereditarios (os de Savoia), dos de Afonso V de Aragón, da Confederación Suíza e de certas universidades. Alemaña ficou neutral, Carlos VII de Francia limitouse a asegurar para o seu reino un gran número de reformas decretadas en Basilea pola Pragmática Sanción de Bourges do 13 de xullo de 1438. Inglaterra e Italia ficaron fieis a Uxío IV. En 1447, o emperador Frederico III, após negociacións con Uxío, ordenou ao burgomestre de Basilea non librar salvocondutos para os padres conciliares na cidade imperial. Asinou coa Santa Sé o concordato xermánico o 17 de febreiro de 1448, na dieta de Aschaffembourg. A Convención restituíu ao papa todos os dereitos que lle retirara o concilio de Basilea e provocou a indignación dos clérigos alemáns que se creron privados das súas liberdades tradicionaisL'Europe au Moyen Age, par Henry Hallam..
O 4 de xullo de 1448, os padres conciliares deixaron Basilea rumbo a Lausana. O antipapa, ante a insistencia de Francia, acabou por abdicar o 7 de abril de 1449. Na súa segunda sesión, o 16 de abril, o concilio de Lausana levantou todas as sentenzas pronunciadas polo concilio de Basilea contra os que sostiveron Uxío IV. Como el morreu o 23 de febreiro de 1447, os padres conciliares recoñeceron o seu sucesor Nicolao V a cambio de que ratificase todos os decretos de Basilea e de Lausana (bula do 18 de xuño de 1449). O concilio de Lausana reuniuse por derradeira vez o 25 de abrilAnnales historiques du comté de Neuchatel et Valangin depuis Jules-César..., par Jonas Boyve, Gonzalve Petitpierre Edit. E. Mathey, 1855..
Ferrara-Florencia O 8 de xaneiro de 1438 abriuse o concilio de Ferrara, oposto ao de BasileaHistoire des Français, par Jean-Charles-Léonard Simonde Sismondi Edit. Dumont, 1837.. Declarou nulas todas as decisións tomadas polo Concilio de Basilea. Este supendera o papa e tomara nas súas mans o goberno da Igrexa o 24 de xaneiro. Uxío IV excomungou os padres do Concilio de Basilea o 15 de febreiro. Estes replicaron o 25 de xuño de 1439 e declararon herético Uxío IV e depuxéronoHistoire de la lutte des papes et des empereurs de la maison de Souabe, par Claude Joseph de Cherrier Edit. Furne, 1858..
A Unión das Igrexas thumb|Florencia polo ano 1490. Unha das razóns do traslado a Ferrara foi unha petición dos orientais: A Igrexa oriental, que buscaba apoio para afrontar a ameaza turca, aceptou participar nun concilio ecuménico -non participara nas sesións do Concilio de Basilea- sempre que se situase á beira do Mar Adriático, a fin de que, en caso de ataque turco, os orientais puidesen rapidamente regresar ao seu país. Nicolao de Cusa foi enviado nunha misión para Constantinopla a fin de convencer os gregos a participar do Concilio.
O 27 de novembro de 1437 a delegación grega enviada ao Concilio de Ferrara e conducida polo basileos (emperador) Xoán VIII Paleólogo partiu de Constantinopla para Venecia. O emperador foi acompañado por vinte e un metropolitas e bispos, o patriarca de Constantinopla Xosé II, un conxunto de archimandritas e ata preto de setecentos membros do clero. Marcos, metropolita de Éfeso, Isidoro, metropolita de Kíiv, Basilio Besarión, metropolita de Nicea e Andrés, arcebispo de Rodas, son as personalidades máis coñecidas.
Chegaron a Venecia en febreiro e a Ferrara en marzo. Besarión foi designado, xunto co metroplita de Efeso Marcos Eugenikós, para defender a posición da Igrexa grega. Pronunciou o discurso o 8 de outubro de 1438. Se, ao principio, persistiu en condenar que a Igrexa latina engadira o Filioque no credo niceno, a súa posición evolucionou ante os argumentos do dominicano Xoán de Montenero, e finalmente suplicou pola reconciliación das Igrexas perante a delegación grega en abril de 1439Centuriae Latinae, par Colette Nativel, Jacques Chomarat Librairie Droz, 1997 (ISBN 2600002227 et 9782600002226).. O metropolita Marcos de Éfeso, pola súa banda, desaprobou a reconciliación católica-ortodoxa. Malia as presións do basileos Xoán Paleologo, foi o único bispo que non asinou o texto (Laetentur coeli) do ConcilioO historiador da Igrexa Macario (Bulgákov) engadíralle varios outros bispos: "Xosé, patriarca de Constantinopla, que non viviu ata a fin dos acontecementos, o célebre Marcos, metropolita de Éfeso (...), o locum tenens da sé de Xerusalén, Dionisio, bispo de Sardes, morto cando o concilio estaba reunido en Ferrara, o metropolita de Xeorxia, Gregorio, e o bispo de Stavropolis, que fuxira do concilio, Sofronio de Anquíalo, e outros dos bispos Isaac e Sofronio, e o noso bispo Abraham de Súzdal" (Введение в православное богословие ("Introduction à la théologie russe"), Saint-Pétersbourg, 1913, p. 397), mais Abraham de Súzdal si asinou (Evgueni Golubinski, Histoire de l'Église russe, t.2 (1), p. 443) antes de retractarse ulterioremente, e os outros fuxiron ou morreran no momento do asinamento, observa Serguéi Bulgákov, Sous les remparts de Chersonèse (1918, publicación póstuma), Troudy po sotsiologii i teologii, t.2, Moscova, Nauka, 1997, traducido ao francés por Bernard Marchadier, Xénova, Ad Solem, 1999, p. 180..
Na sesión dezaseis, o 10 de xaneiro de 1439, o papa propuxo aos gregos trasladar o Concilio a Florencia, pois en Ferrara declárarase a peste. O Concilio recomezou en Florencia día 16.
O patriarca Xosé II, que tiña preto de oitenta anos e estaba doente, morreu o 10 de xuño de 1439. A súa desaparición causa unha grande axitación entre os participantes do Concilio, pois era un « fervente partidario da unión entre as Igrexas ».