El ángel de Budapest é un telefilme dramático español baseado no libro Un español frente al holocausto, do xornalista e director executivo de radio Diego Carcedo, sobre a vida do diplomático español Ángel Sanz Briz en Budapest (Hungría) durante os anos da segunda guerra mundial.Filmhu 8 de novembro de 2010, Consultada o 13 de xaneiro de 2016.

Estreouse o 20 de decembro de 2011 en TVE1.

A rodaxe tivo lugar en Budapest desde o 9 de novembro até o 23 de decembro de 2010.origo.hu 23 de decembro de 2010. Consultda o 13 de xaneiro de 2016.

Argumento O argumento céntrase en Ángel Sanz Briz, encargado de negocios da embaixada de España en Hungría durante a segunda guerra mundial.

Sanz Briz salvou a vida a centos de xudeus durante o holocausto.

Formou un movemento de resistencia que lle permitiu salvalos. Expedíalles documentos de protección e aloxounos en casas de seguridade, resgardadas pola soberanía da embaixada.

Paralelamente, unha historia romántica segue a vida amorosa de Antal, un xudeu húngaro que se enamora da filla dun funcionario da Cruz Frechada do goberno fascista húngaro.

Elenco Francis Lorenzo, como Ángel Sanz Briz. Anna Allen, como Adela Quijano, esposa de Sanz Briz. Tamás Lengyel, como Lajos. George Mendel, como Danielson. Manuel de Blas, como Miguel Ángel Muguiro. Ana Fernández, como a señora Tourné. Aldo Sebastianelli, como Giorgio Perlasca. Tamás Szabó Kimmel, como Antal. Iván Fenyő, como Raoul Wallenberg. Áron Őze, como Adolf Eichmann. László Agárdi, como Miklós Horthy.

Premios Premio á Mellor Película para televisión no Zoom Festival (festival europeo de cine para televisión) do 2012.'El ángel de Budapest', mejor película en el Zoom Festival Medalla de Prata na categoría de TV Movies no Festival Internacional de Televisión e Cine de Nova York, do 2012.'El ángel de Budapest', 'Operación Jaque' y 'Un país para comérselo', premiados en el Festival de Nueva York Premio da Agrupación de Telespectadores e Radiooíntes (ATR) de 2012 á Mellor película para televisión.'El ángel de Budapest', Lourdes Maldonado y las series de laSexta, premios ATR Premio Ondas 2012 á Mellor miniserie.'El ángel de Budapest', premio Ondas 2012

Notas

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes ambientados en Hungría Categoría:Filmes rodados en Hungría Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Televisión Española Categoría:Filmes sobre o holocausto