Abrente-Esquerda Democrática Galega, ou Abrente-EDG, é unha corrente de ideoloxía socialdemócrata nacida en 2012 e integrada no seo do Bloque Nacionalista Galego.

Historia e características O seu secretario-executivo e cara máis coñecida é Carlos Aymerich e maioría dos seus membros proveñen de antigas correntes do BNG coma o Colectivo Socialista, Inzar ou Unidade Galega. Orixinalmente, tamén contou co apoio dos alcaldes de Bueu, Tomiño e Rianxo]. Tamén conta co apoio de Ana Luísa Bouza, Camilo Nogueira e Suso Veiga.

Ideoloxicamente é o sector máis moderado do BNG, tanto na vertente social coma na nacional. Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 Abrente apoiou unha candidatura conxunta con Anova-Irmandade Nacionalista e Compromiso por Galicia.

Notas

Categoría:BNG Categoría:Nacionalismo galego Categoría:Forzas políticas de Galicia