María Isaura Vázquez Blanco, coñecida como Maruxa Villanueva, nada na Barrela (Lousada, Carballedo) o 6 de maio de 1906 e finada en Santiago de Compostela o 24 de novembro de 1998, foi unha actriz galega.
Traxectoria Emigrou a Arxentina con 20 anos, e alí fíxose cantante e actriz, tamén colaborou nas actividades culturais dos emigrados galegos en Buenos Aires e nos actos en favor da República. Casou con Manuel Daniel Varela Buxán e con el formou a Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva, coa que estreou Os vellos non deben de namorarse. Na Arxentina trabou amizade con Salvador de Madariaga, Eduardo Blanco Amor, Fernando Iglesias "Tacholas" e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
En 1949 regresou a Galicia onde montou a compañía Os Labregos, pero a censura franquista rematou coa súa actividade, e volveu a Buenos Aires en 1958. En 1962 retornou definitivamente a Galicia. En 1971 o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Agustín Sixto Seco, propúxolle atender a Casa Museo Rosalía de Castro, da que foi coidadora ata o seu pasamento, e onde viviu a partir de 1974. Dedicou o seu tempo á casa e á obra de Rosalía e converteuse en especialista no tema.
Recoñecementos Recibiu numerosos premios e homenaxes, entre eles a Medalla Castelao da Xunta de Galicia e o Premio María Casares de teatro a título póstumo.
En 2001 o concello de Padrón creou o premio Maruxa Villanueva. miniatura|Placa en Padrón. Figura na galería de Personaxes ilustres do concello de Carballedo no que unha rúa leva o seu nome, o mesmo ca en Padrón.
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Biografía na páxina web da Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro. Cid Galante, Rosa María (25/10/2017). "Maruxa Villanueva" Historia das nosas mulleres ourensás.
Categoría:Actores de Carballedo Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados en Carballedo Categoría:Finados en 1998 Categoría:Actores da Arxentina