O Palacio de Capitanía é un edificio barroco situado na Cidade Vella da Coruña.

Descrición O palacio é un edificio de planta rectangular arredor dun patio porticado. É de estilo barroco clasicista como impulsaban os enxeñeiros militares. A fachada, composta por cinco panos, está inspirada en modelos franceses. Ten dúas plantas que se corresponde coas dúas funcións orixinarias do edificio. A última planta foi transformada en 1750 e conta con máis decoración que as outras dúas.PEPRI Na fachada pode verse un dos primeiros escudos de Galicia nun edificio público.

No interior do edificio destacan dúas escalinatas e unha cisterna abovedada. Na parte exterior unha escaleira barroca leva do edificio ao xardín privado, que está arrodeado por restos da antiga muralla.

Historia O edificio construíuse para acoller a sede da Real Audiencia e a Capitanía Xeneral de Galicia. Levantouse por Real Orde de Fernando VI en 1748 sobre un edificio anterior de madeira estragado e financiouse por un imposto sobre o viño vendido en Galicia. O proxecto inicial foi de Juan Vergel, que faleceu en 1750 e foi substituído por Francisco Llovet, que fixo varios cambios no proxecto.Palacio de Capitanía Xeral

En 1808 formouse no edificio a Xunta Suprema do Reino de Galicia.

A división en Capitanías Xenerais desapareceu en 1931, mais o palacio seguiu a ser sede de Rexión Militar ata a desaparición destas en 2002.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en Turgalicia

Categoría:Arquitectura na Coruña Categoría:Capitanía Xeneral de Galicia