François-Xavier Fabre, nado en Montpellier o 1 de abril de 1766 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 1837, foi un pintor francés de temas históricos.
Traxectoria Fabre foi alumno de Jacques Louis David e adquiriu certo prestixio cando gañou o premio de Roma de 1787.
Durante a Revolución francesa, marchou vivir a Florencia, onde se converteu en membro da Academia de Florencia así como en profesor de arte. Entre as amizades que cultivou en Italia, figura o dramaturgo Vittorio Alfieri (ao cal retratou), cuxa viúva, a princesa Louise de Stolberg-Gedern, acabou sendo a súa esposa. Tras a muerte dela en 1824, Fabre herdou a súa fortuna, que utilizou para fundar a escola de artes da súa vila natal.
Antes de morrer, Fabre legou a súa colección de arte á cidade, que a día de hoxe forma parte dos fondos da pinacoteca do Museo Fabre.
Obras La Mort de Narcisse (1814) Lucien Bonaparte (1808) La Mort de Milon de Crotone Philoctète dans l'île de Lemnos La chaste Suzanne Le Jugement de Pâris Le portrait d'Alfieri la Mort de Philopœmeft le portrait d'Alfieri Oedipe et la sphinx
Véxase tamén Ligazóns externas Estudo histórico sobre Fabre, a súa traxectoria o museo que leva o seu nome , a cargo de M. Michel Hilaire.
Categoría:Pintores de Francia Categoría:Nados en 1766 Categoría:Finados en 1837 Categoría:Nados en Montpellier