A lingua pawnee (pâri pakûru’) é unha lingua caddo falada polos pawnee que residen na rexión norte e central de Oklahoma. As terras tradicionais do pobo onde se falaba a lingua eran o río Platte no que hoxe é Nebraska. O pawnee está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Dialectos Existen dous dialectos do pawnee: South Band e Skiri. As diferenzas entre os dous dialectos están na fonética e no léxico.
Status da lingua Outrora a lingua habitual entre os pawnee, hoxe é falado por un pequeno grupo de anciáns. Por mor do proceso de susbtitución lingüística en favor do inglés como primeira lingua, o status do pawnee tende cara a extinción. Porén, no 2007 a Nación Pawnee desenvolveu materiais de ensino para o instituto local e tamén para clases para adultos. Ademais, tamén existe material documental da lingua arquivado no Instituro de Investigación de Estudos Nativo Americanos. A lingua pawnee aparece no filme de 2015 The Revenant. En 2019 e 2020, a Nación Pawnee publicou varios vídeos sobre o ensino da lingua pawnee.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía American Indian Studies Research Institute. (2008). Dictionary Database: Pawnee (Skiri and Southband dialects). American Indian Studies Research Institute. (2001). Pawnee Alphabet Book. Mithun, Marianne. (1999). The languages of Native North America. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-23228-7 (hbk); ISBN 0-521-29875-X. Parks, Douglas R. (1976). A grammar of Pawnee. Nova York: Garland. Taylor, Allan R. (1978). [Revisión de A grammar of Pawnee por D. Parks]. Language, 54 (4), 969-972.
Ligazóns externas Pawnee Language Program, patrocinado pola Nación Pawnee e a Universidade de Indiana
Categoría:Linguas caddo Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América