A AP-71 é unha autoestrada de peaxe que une León e Astorga, na provincia de León. Ten unha lonxitude de 37 km e vai dende a saída 143 da A-66 ata a saída 323 da A-6.
Entrou en servizo en outubro de 2002 baixo a denominación de A-12, nome que mantivo ata decembro de 2003, cando cambiaron os nomes de autoestradas e autovías. A concesionaria da autoestrada é Aulesa, do grupo Abertis.
Véxase tamén Lista de autoestradas e autovías de España
Categoría:Autoestradas interurbanas de España