O metal neoclásico é un subxénero do heavy metal que presenta unha grande influencia da música clásica, con acordes de guitarra moi técnicos, e adaptacións de estruturas e harmonías inspiradas na música clásica. Ritchie Blackmore está considerado como o pioneiro deste estilo, e posteriormente Yngwie Malmsteen converteuse nun dos músicos máis notables en contribuír ao seu desenvolvemento. Outros músicos notables considerados dentro deste xénero son Jason Becker, Tony MacAlpine, Vinnie Moore, Stéphan Forté e Timo Tolkki.

Notas

Categoría:Subxéneros do heavy metal