A Santa María (por veces La Gallega) foi a maior das tres naves e así mesmo a naoNingún dicionario moderno galego recolle o termo nao ou nau; nos antigos atopamos os dous termos indistintamente, hoxe a palabra recomendábel sería nave capitá empregada por Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo en 1492. Era propiedade de Juan de la Cosa.
As outras dúas naves da expedición foron as carabelas Niña e Pinta. A diferenza destas, a Santa María non retornou a Europa porque sobordou na Illa da Española.
Malia terse dito que a Santa María era unha carabela no Diario de a Bordo de Cristovo Colón, compilado por Bartolomé de las Casas, esta era a maior das "tres carabelas", e en varias xornadas defínese coma nao.
Existen dúbidas sobre a procedencia da nao Santa María, mais semella que foi construída nos estaleiros Lérez da cidade de PontevedraLópez Penide (18/5/2014). "El hallazgo de la «Santa María» espolea la tesis del Colón gallego" La Voz de Galicia. e levaba como piloto a un galego de Baiona: Cristovo García Sarmiento, por este motivo quizais fora este o porto elixido nun principio para regresar (finalmente só retornou a Pinta a Baiona).
Historia O propietario da Santa María foi o cántabro Juan de la Cosa. Durante o transcurso da primeira viaxe ao Novo Mundo, o 25 de decembro de 1492, a nave emabarrancou na costa noroeste da actual República Dominicana, ficando inservíbel polo que a súa madeira se empregou para construír un fortín con estacada que foi chamado de "Forte de La Navidad".
Cesáreo Fernández Duro cóntao así:
Sobordou á noite sobre o Guarico (Santo Domingo) o 25 de Nadal e aínda que se picaron os paus e se alixou por completo con axuda das canoas dos indios, non se puido tirar. Salvouse toda a xente e as pertenzas, Colón transbordou á carabela Niña.Traducido a galego do orixinal de Fernández Duro, 1867, p=2.
A Santa María tiña arredor de 23 m de eslora e tres mastros. Era o barco de maior desprazamento dos tres da expedición. Unha lista de tripulantes das máis completas pode ser:
Tripulación da Carabela “Santa María” Cristovo Colón, capitán xeneral, (Xénova ?) Juan de la Cosa, propietario e patrón, (Santoña) Pedro Alonso Niño, piloto maior, (Moguer) Diego de Arana, contramestre, (Córdoba) Pedro Gutiérrez, administrador real e reposteiro, (Lepe) Rodrigo de Escobedo, notario, (Segovia) Rodrigo Sánchez, vedor, (Ronda) Diego de Salcedo, servente de Colón, (Fuensaldaña) Luis de Torres, Intérprete (xudeu converso), (Moguer) Rodrigo de Jerez, mariño, (Ayamonte) Alonso Chocero, cho, (Palos) Alonso Clavijo, mariño , (Moguer) Andrés de Yebenes, cho, (Huelva) Antonio de Cuéllar, carpinteiro, (Cuéllar) Bartolomé Vives, mariño , (Moguer) Bartolomé de Torres, mariño, (Palos) Bartolomé García, contramestre, (Moguer) Chachu, contramestre, (Lekeitio) Cristóbal Caro, ourive, (Sta. María de Anchitúa) Diego Bermúdez, cho , (Palos) Diego Pérez, mariño e pintor, (Murcia) Domingo de Lequeitio, cubeiro, (Lekeitio) Domingo Vizcaíno, cubeiro, (Lekeitio) Gonzalo Franco, mariño, (Sevilla) Horacio Crassocius (Mosteiro de La Rábida) Jacomel Rico, mariño, (Xénova) Juan de Jerez, mariño, (Moguer) Juan Martines de Acoque, mariño, (Deba) Juan de Medina, xastre e mariño, (Palos) Juan de Moguer, mariño, (Moguer) Juan Sánchez, médico, (Córdoba) Mestre Juan Marín de Urtubia, cho, (Sta. María de Anchitúa)
Frustrado descubrimento dos seus restos O 13 de maio de 2014 o arqueólogo submarino estadounidense Barry Clifford anunciou publicamente o achado do que se di que son os restos da Santa María no fondo do océano Atlántico moi preto das costas do norte de Haití. A identificación baséase no achado duns restos do que podería ter sido o Forte de La Navidad, atopado en 2003 por outros arqueólogos, e dos datos provenientes do Diario de Colón compilado por Bartolomé de las Casas. O primeiro ministro haitiano Laurent Lamothe declarou que tomarían "todas as medidas para protexer o sitio, que é un Patrimonio da Humanidade." En outubro de 2014 a UNESCO confirmou que o navío descuberto non correspondía á Santa María.
Outros nomes e características Segundo Fernández de Oviedo, Colón levou "tres carabelas: unha é maior delas chamada la Gallega; e as outras dúas eran daquela vila de Palos".Capitanes: (capítulo V do libro II)
Algúns historiadores afirman que foi chamada orixinalmente La Gallega, porque probabelmente se construíu nos estaleiros de Lérez, en Pontevedra.García de la Riega, 1897. Existe outra teoría que di que foi construída nos Estaleiros Reais de Falgote, na localidade de Colindres, Cantabria, mentres que outras voces afirman que foi construída polos carpinteiros de ribeira de El Puerto de Santa María.
A nao Marigalante
Existe unha confusión historicista coa nao Santa María que semella suxestionar que os mariñeiros chamábana Marigalante. Segundo a duquesa Luisa Isabel Álvarez de Toledo y Maura, a Marigalante estaba matriculada no Puerto de Santa María e foi embargada en Moguer, e foi a carabela que capitaneou a primeira viaxe de Colón.
A confusión quedaría resolta cando o cronista maior Antonio de Herrera y Tordesillas escribiu que Mari-Galante era o nome da nao que o almirante comandaba na segunda viaxe. Este designou a illa primeira que descubriu na segunda viaxe La Deseada e illa Marigalante á segunda. A nao Marigalante engadiu varios descubrimentos á soberanía española aínda que tras diferentes ocupacións históricas a illa Marigalante ficou baixo soberanía francesa e coa voz francófona Marie-Galante e La Deseada como La Désirade.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
García de la Riega, Celso (1897). La Gallega, nave capitana de Colón en el primer viaje de descubrimientos: estudio histórico. Pontevedra. Imp. de la Viuda de J. A. Antunez.
Outros artigos Primeira viaxe de Colón Descubrimento de América Juan de la Cosa
Ligazóns externas La nao Santa María capitana de Cristovo Colón en el descubrimiento de las Indias occidentales, reconstituída por iniciativa del ministerio de marina… . Peirao das Carabelas (en castelán)
Categoría:Naos Categoría:Descubrimento das Américas